Vespasiano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m →‎Traxevtoria: Tito Flavio Sabino Vespasiano
Liña 3:
'''Caesar Vespasianus Augustus''', nado o [[17 de novembro]] de [[9]] e finado o [[23 de xuño]] de [[79]], coñecido con anterioridade como '''Titus Flavius Vespasianus''', foi un emperador romano. Subiu ó poder no ano [[69]], despois de ser nomeado polas lexións de Oriente, en contra do nomeamento de [[Vitelio]]. Con este emperador iníciase a [[dinastía Flavia]], destinada a rexir [[Roma]] durante un cuarto de século.
 
==TraxevtoriaTraxectoria==
Tivo que realizar un moi difícil labor de pacificación, xa que o Imperio estaba nunha auténtica guerra civil dende os tempos de [[Nerón]]. Soubo gañar a lealdade do exército, que tornaría nunha peza chave da gobernabilidade. Puxo orde na administración, dando entrada nela á clase [[ecuestre]], e rematar deste xeito co monopolio dos [[liberto]]s imposto por [[Claudio]], e restableceu a paz.
 
As feridas morais e materiais das guerras civís pronto desapareceron e [[Roma]] entrou nunha etapa de estabilidade.
 
En Oriente, puxo fin á rebelión dos xudeus. [[Tito Flavio Sabino Vespasiano|Tito]], vinculeiro de Vespasiano, sofocouna, tomou [[Xerusalén]] e destruíu o seu Templo ([[70]]). Tamén foi necesario cortar de raiz o intento do outrora fiel [[Marco Antonio Primo]], que se propuña independizarse nas [[Galia]]s. O exército destas provincias e mailo do [[Rhin]] foi redistribuído e [[Tito Flavio Sabino Vespasiano|Tito]] foi nomeado o seu [[prefecto]].
 
Vespasiano tivo bo coidado de manter boas relacions co Senado, ó que consultaba tódolos asuntos e no que sentou numerosos representantes da aristocracia provincial, especialmente de Occidente. A súa política respecto ás provincias foi quen de impulsar a romanización, crear novas colonias e estender os beneficios da [[cidadanía romana]]. A latina foille concedida cando menos a 120 municipios de [[Hispania]], o cal implicaba que os seus maxistrados, pertencentes na súa meirande parte á clase media local, accedesen á cidadanía romana ao ano de desempeñar o seu cargo.
Liña 18:
O emperador non quixo correr riscos en aventuras exteriores e renunciou a calquera expansión. A súa preocupación fundamental foi o reforzamento das fronteiras. A conquista dos [[Campos Decumates]], unha rexión xermánica comprendida entre os ríos [[Danubio]] e [[Rhin]], explícase como unha zona de seguridade para garantir o dominio sobre as provincias limítrofes.
 
Tito Flavio Vespasiano morreu no ano [[79]], despois de ter asociado ao seu fillo [[Tito Flavio Sabino Vespasiano|Tito]] ao gobergoberno.
 
{{Gobernante|