Dante Alighieri: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 49:
Outras obras importantes do autor son:
* ''[[De Vulgari Eloquentia]]'' ("Sobre a lingua vulgar", escrita, curiosamente, en latín)
* ''[[Vita nuova|La Vita Nova]]'' ("Vida Nova"), onde insire sonetos comentados onde narra a historia do seu amor por Beatriz. A lingua utilizada é a toscana, tanto para os poemas (o que non é gran novidade, xa que moitas obras líricas xa se escribían daquela en lingua vulgar) como para os comentarios que, polo seu carácter máis teórico, xa innovan ao prescindir do latín.
* [[Le Rime]] - ("As rimas"), tamén chamadas de "Canzoniere", onde aparecen varios textos de cariz lírico ([[soneto]]s, [[Canción|cancións]], [[balada]]s, [[sextina]]s...), onde, novamente, lle canta ao amor idealizado ([[amor platónico]]), a Beatriz, así como á Ciencia, á Filosofía e á Moral (nun sentido amplo do termo);
* [[Il Convivio]] - "O Convivio" ou "O Banquete", de carácter filosófico, é presentado polo poeta como un banquete con 14 pratos (simbolizando as cancións), acompañados do pan (os comentarios). Fai parte das obras que pretenden dignificar a lingua vulgar. Dante chega aquí a citar autores tan importantes como [[Aristóteles]] ou San [[Tomé de Aquino]].