Conferencia de Ialta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 5:
O 4 de febreiro de [[1945]] Roosevelt, Churchill e Stalin reuníronse en [[Ialta]], na [[Península de Crimea]]. Foi a segunda das longas conferencias en tempo de guerra, precedida por [[Conferencia de Teherán|Teherán]] en [[1943]], e sucedida pola ''[[Conferencia de Postman]]'' (trala morte de Roosevelt) en 1945.
 
O líder soviético refusou viaxar máis lonxe do encrave no Mar Negro de Ialta, na costa de Crimea para a seguinte reunión e, unha vez máis, Churchill e Roosevelt fixeron grandes viaxes para atender á reunión. Cada un dos tres líderes levou a súa propia axenda á conferencia de Ialta. Roosevelt tentaba acadar o apoio soviético na [[Guerra do Pacífico]] arredor da invasión do Imperio do Xapón; Churchill presionaba por unhas eleccións libres e institucións democráticas en Europa do Leste (e máis concretamente en Polonia), mentres que Stalin tentaba establecer unha esfera de influencia soviética en Europa Oriental a través dos Soviets, o que era esencial para a seguridade da URSS. Ademais, os tres tentaban establecer unha axenda sobre como sería gobernada Alemaña trala guerra. En 1943 unha tese de [[William Bullitt]] profetizou o “fluxo da [[ameba]] vermella cara a dentro de Europa”, e bastante ironicamente, Stalin tiña a vantaxe militar. A [[Unión Soviética]] tiña fisicamente baixo o seu control a maior parte de Europa do Leste. Mentres que os [[Aliados da Segunda Guerra Mundial|aliados]] tiñan as mans toalmente ocupadas coa invasión de Francia, o [[Exército Vermello]] traspasara as fronteiras orientais do [[Terceiro Reich]] pagando un alto custo. No momento da Conferencia de Ialta, o Xeneral ruso Zhukov estaba tan só a corenta millas de Berlín. Ademais, Roosevelt agardaba contar co compromiso de Stalin de que a URSS participaría nas [[Nacións Unidas]]. Con respecto ó primeiro tema na axenda soviética — Europa do Leste — o asunto concernente a [[Polonia]] xurdiu inmediatamente. Stalin foi rápido en expor a súa idea coas seguintes palabras:
 
{{Cita|Para o pobo ruso, a cuestión de Polonia non é tan só unha cuestión de honor senón tamén unha cuestión de seguridade. A través da historia, Polonia ten sido o corredor a través do cal o inimigo ten entrado en Rusia. Polonia é asunto de vida ou morte para Rusia.}}