Ilustración (deseño gráfico): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m Sistema dixital
Liña 8:
As ilustracións son comúns en [[xornal|xornais]], [[revista]]s e [[libro]]s, especialmente nos libros de [[arte]] e, especialmente, na [[literatura infantil]] e [[literatura xuvenil|xuvenil]] (asumindo, non poucas veces, un papel máis importante que o do propio texto), sendo tamén utilizadas na [[publicidade]] e na [[propaganda]]. Pero existen tamén ilustracións independentes de textos, onde a propia ilustración é a información principal. Un exemplo sería un libro sen texto, non infrecuente en libros infantís ou en [[banda deseñada]].
 
A [[ilustración editorial]] ten a súa orixe na [[miniatura]], utilizada amplamente na [[Idade Media]] nos [[manuscrito]]s, pero actualmente difire desta por servirse de medios [[mecánica|mecánicos]] (e, máis recentemente, de medios fotomecánicos e [[Sistema dixital|dixitais]]) para a súa reprodución. Por tanto, a súa evolución e historia está intimamente ligada á [[imprenta]] e ao gravado.
 
A ilustración posúe unha tradición antiga, que se remonta ás primeiras formas pictóricas (como as [[pinturas rupestres]]), continuando pola invención da imprenta, a [[Revolución Industrial]] até a nosa era dixital. Actualmente esta tradición é especialmente importante para os libros de arte, os científicos, a banda deseñada e os filmes de deseños animados.