Electrificación: Diferenzas entre revisións
traducido desde a wiki .es |
(Sen diferenzas.)
|
Revisión como estaba o 22 de xullo de 2012 ás 05:36
A electrificacion é un sistema de alimentación de tracción polo cal a enerxía eléctrica procedente dunha liña exterior de alta tensión pasa pola subestación, circula polo elemento condutor instalado ao longo da liña e, sustentado por determinados dispositivos, penetra na locomotora a través do captador de corrente, alimenta os motores e retorna pechando o circuíto polos carriis e feeders negativos, se os houbese, e accidentalmente por terra.
Historia
A primeira electrificación española -en ancho ibérico e única nas súas características- foi a do tramo Gergal-Santa Fe (Almería), realizada pola Compañía do Sur de España o 1 de xuño de 1911. A liña aérea era de tipo tranviario e estaba constituída por dous fíos de contacto de cobre a 6000 V en corrente alterna trifásica.