Diferenzas entre revisións de «Positivismo»

m
m (Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|))
 
== Historia e características ==
Historicamente a [[filosofía]] positivista xorde no século XIX, sendo os seus máximos expoñentes [[Augusto Comte]] (1798-1857) e [[Ernst Mach]] (1838-1916). O primeiro usou a palabra "posititivismo", tomada do filósofo francés [[Claude Henri de Rouvroy, conde de Saint Simon|Saint-Simon]] (1760-1825), para designar o seu pensamento. Así mesmo, denominou ''estadio positivo'' á etapa do progreso humano na que a ciencia convértese na principal forza social, superando períodos anteriores de carácter metafísico e [[Relixión| relixioso]] nos que dominaban as supersticións e as crenzas infundadas.
 
Curiosamente, nos últimos escritos da súa vida, Comte deriva cara posturas sentimentalistas e irracionais elaborando unha Relixión da Humanidade, na que se rendería culto ós grandes homes de ciencia, así como a toda unha serie disparatada de personalidades moi variadas, entre as que incluso atópanse amigos persoais seus. Esta relixión positiva gozou dalgunha implantación social en cidades como Londres, París e Río de Xaneiro.
9.583

edicións