Embrión: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 11:
O embarazo comeza cando un [[espermatozoide]] fecunda a un [[óvulo]] e fórmase un cigoto, proceso que ocorre no oviduto da muller ([[trompa de Falopio]]). O cigoto divídese primeiro en dúas células, posteriormente en catro, en oito, dezaseis, trinta e dúas, chegando ao cuarto día á mórula. O cigoto segue o seu camiño até implantarse no [[útero]], entre 4 e 7 días despois da fecundación.
 
Trinta horas despois da concepción, o cigoto sofre a primeira división celular. O embrión, como se chama a partir dese momento, segue a se dividir a medida que percorre a trompa de Falopio. Implántase na parede uterina uns seis días despois da fecundación, cando xa se converteu nunha esfera de células cunha masa embrionaria discoidal. Na segunda semana comeza a formarse a [[placenta]], que nutre ao embrión, formado xa por tres tipos de tecido primordial: [[endodermo]], [[ectodermo]] e [[mesodermo]]. No curso da terceira semana fórmase o [[tubo neural]], precursor do [[sistema nervioso]]. Na cara dorsal do embrión comenzan a formarse masas de tecido muscular chamadas sómitas ou sómites, das que xorderán os principais [[órgano (bioloxía)|órganos]] e [[glándula]]s. Os vasos sanguíneos e os primordios da cavidade dixestiva xurden cara ao final de esta semana. Cando remata o primeiro mes, xa comezaron a desenvolverse todos os órganos importantes. Os [[ollo]]s son perceptibles, os brazos e as pernas comezan a aparecer e late por primeira vez un [[corazón]] de catro cavidades.
 
Perante ese proceso, comeza a segmentarse, no útero e alcanza o estadio de blástula. Certos trocos no blastocito determinan a diferenciación e a formación de dous macizos celulares: un interno, o [[embrioblasto]], que orixina as estruturas propias do embrión, e outro externo, o [[trofoblasto]] que forma a placenta e os demais anexos embrionarios. O [[endometrio]] nútrese e pode recibir o blastocito e, unha vez alí, este entra en contacto cos vasos sanguíneos maternos. Do mesmo xeito, fórmase o cordón umbilical, que une o embrión á placenta.