Reino de Iugoslavia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m República de Macedonia - Република Македонија
m Reino de Montenegro
Liña 46:
|gobernante1 = Pablo Karađorđević
|ano_gobernante1 = [[1934]]-[[1941]]
|título_gobernante = [[RegenteRexencia|Rexente]]
|datos_ano1 = 1931
|datos_superficie1 = 247542
Liña 53:
|notas = ¹ Antes do [[3 de outubro]] de [[1929]], o nome oficial era Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos.
}}
O '''Reino de Iugoslavia''' (chamado '''Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos''' entre o [[1 de decembro]] de [[1918]] e o [[3 de outubro]] [[1929]]), refírese a un estado [[Balcáns|balcánico]] que existiu dende o [[1 de decembro]] de [[1918]] ao [[2 de decembro]] de [[1945]]. Comprendía a área das provincias de [[Bosnia-Hercegovina]], [[Serbia]], [[Montenegro - Црна Гора|Montenegro]], [[Kosovo]], [[República de Macedonia - Република Македонија|Macedonia]], así como a maior parte dos territorios de [[Croacia]] e [[Eslavonia]].
 
== Formación ==
Liña 60:
== Historia ==
 
O [[1 de decembro]] de [[1918]] foi proclamado por [[Alexandre Karađorđević]], príncipe [[Rexencia|rexente]] polo seu pai, o rei [[Pedro I de Serbia|Pedro I]], quen formalmente era o rei de Serbia. O novo reino foi formado a partir dos antigos reinos independentes de [[Serbia]] e [[Reino de Montenegro|Montenegro]], así como tamén unha cantidade substancial de territorio que antigamente foi parte do [[Imperio Austrohúngaro]]. As terras de Austria-Hungría que formaron o novo estado incluían [[Croacia]], [[Eslavonia]] e [[Voivodina]] da parte húngara do imperio; [[Carniola]], parte de [[Estiria]] e a maior parte de [[Dalmacia]] ao lado austríaco, ademais da provincia imperial de [[Bosnia-Hercegovina]].
 
Un plebiscito levou a cabo na provincia de Carintia, a cal optou por seguir en [[Austria]]. A cidade porto dálmata de Zadar e unhas cantas illas dálmatas foron outorgadas a [[Italia]]. A cidade de [[Rijeka]] foi declarada cidade-estado libre, pero pronto foi ocupada e anexada en [[1924]] por Italia. As tensións na fronteira con Italia continuaron, cos italianos reclamando máis áreas da costa dálmata e Iugoslavia reclamando pola súa banda a península de [[Istria]], parte da antiga provincia costeira austríaca que fora anexada a Italia, pero que contiña unha poboación considerable de croatas e eslovenos.