Ameloblasto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 5:
Os '''ameloblastos''' son células que están presentes só durante a formación dos [[dente]]s, e que depositan o [[esmalte dentario]], que é a capa máis externa e dura do dente.
 
Os ameloblastos son células que segregan as [[proteína]]s do esmalte [[enamelina]] e [[ameloxenina]] que despois se mineralizarán para formar o esmalte dos dentes, a substancia máis dura do corpo humano. <ref>{{Cite book |author=Gartner, Leslie P., James L. Hiatt. |title=Color Textbook of Histology, 2nd Edition |publisher=W.B. Saunders Company |location=Philadelphia |year=2001 |page=366 |isbn=0-7216-8806-3}}</ref> Cada ameloblasto é de aproximadamente 4 [[micrómetro]]s de diámetro, 40 de lonxitude e teñen sección hexagonal. Son, pois, células moi alongadas. O extremo secretor do ameloblasto acaba nunha proxección similar a unha pirámide de seis lados denominada prolongación ou ''proceso de Tomes''. O ángulo do proceso de Tomes é significativo na orientación dos bastonciños de esmalte que se forman e está incluída na matriz do esmalte. Os seus núcleos celulares son elípticos e situados preto da base, e a maioría das [[mitocondria]]s están situadas entre o núcleo e a base da célula, e por riba do núcleo está o [[aparato de Golgi]] e o [[retículo endoplasmático]]. Na zona do aparato de Golgi e na apical hai numerosos [[gránulo (bioloxía)|gránulos]] secretorios cos compoñentes glicoproteicos da matriz do esmalte. Formáronse no aparato de Gogi e diríxense ao proceso de Tomes.
 
Os ameloblastos derivan do tecido do epitelio oral de orixe [[ectodermo|ectodérmica]]. A súa diferenciación ten lugar a partir de preameloblastos como resultado de sinais químicos enviados polas células endomesenquimais da [[papila dental]]. Os ameloblastos só se farán completamente funcionais despois de que os [[odontoblasto]]s formen a primeira capa calcificada de [[dentina]]. Encima desa dentina os ameloblastos depositancapas da matriz do esmalte. A medida que crece a cantidade de esmalte, os ameloblastos vanse retirando. A calcificación da matriz do esmalte comeza na súa periferia e continúa cara ao seu interior, e cando está completa permanece pouco material orgánico. Os ameloblastos controlan a composición iónica e orgánica do esmalte. Axustan as súas actividades de secreción e resorción para manter unhas condicións favorables para a biomineralización. Cando o grosor e extensión do esmalte é a definitiva, os ameloblastos convértense en células pequenas cuboideas, elaboran a cutícula externa do esmalte e atrófianse.
 
A liña celular ALC [[murina]] é de orixe ameloblástica. <ref>{{cite journal |pages=405–11 |doi=10.1016/j.bbrc.2006.12.053 |title=Differentiation of an ameloblast-lineage cell line (ALC) is induced by Sonic hedgehog signaling |year=2007 |last1=Takahashi |first1=Satomi |last2=Kawashima |first2=Nobuyuki |last3=Sakamoto |first3=Kei |last4=Nakata |first4=Akira |last5=Kameda |first5=Takashi |last6=Sugiyama |first6=Toshihiro |last7=Katsube |first7=Ken-Ichi |last8=Suda |first8=Hideaki |journal=Biochemical and Biophysical Research Communications |volume=353 |issue=2 |pmid=17188245}}</ref>
Liña 15:
#Estadio morfoxénico.
#Estadio organizador.
#Estadio formativo (secretor)(aparecen os procesos de TomeTomes)
#Estadio madurativo.
#Estadio protectivo.