Andrii Shevchenko: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 24:
'''Andriy Mikoláiovich Shevchenko''' (en [[Lingua ucraína|ucraíno]]: ''Андрій Миколайович Шевченко'') (*[[Dvirkivshchyna]], [[Ucraína]], [[29 de setembro]] de [[1976]]), [[futbolista]] ucraíno, alcumado ''Sheva''.
 
Debutou no [[Dinamo de Kiev]], co cal xogou ao longo de 5 tempadas, alcanzando as semifinais da [[Liga de Campións da UEFA|Liga de Campións]] da, 5 títulos de liga, catro copas de liga e individualmente o terceiro lugar na votación do Xogador do Ano en [[1999]]. Tras boas actuacións fichou no [[AC Milán]] en [[xuño]] de [[1999]] por 26 millóns de [[euro]]s, unha cifra récord para un xogador ucraíno.
 
Foi o máximo goleador na súa primeira tempada na [[Serie A]] [[1999]]-[[2000|00]]. Foi elixido máximo goleador da Champions League, con 53 goles, e coa posibilidade de aumenta-la en vindeiros anos, debido a que nesta última edición o seu equipo sucumbiu ante o Barcelona. O gol co que Shevchenko impuxo a marca, foi contra [[Oliver Kahn]], gardametas do [[Bayern Múnic]]. Superando ó anteriormente máximo goleador [[Raúl González]] (52). Tamén foi o máximo goleador na tempada 2003-2004 con 24 goles o cales axudaron ó Milan a gañar por decimosétima vez a [[Serie A]]
 
No [[2003]] gañou a [[Liga de Campións da UEFA|Liga de Campións]] co [[AC Milán]], anotando o penalti que lle deu a vitoria. Fíxose tamén co ''Scudetto'' na tempada [[2003]]-[[2004|04]] e co [[Balón de Ouro]] en [[2005]].
 
Caracterízase pola súa velocidade, potencia e precisión nos remates a porta, e é un dos mellores dianteiros de toda Europa.