Números sociables: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxiños
m tempo
Liña 2:
O concepto de '''número sociable''' é a xeneralización dos conceptos de [[números amigos]] e [[número perfecto|números perfectos]]. Un conxunto de números sociables é unha [[sucesión alícuota]], ou unha sucesión de números na que cada termo é igual á suma dos [[factor]]es [[factor propio|propios]] do termo anterior. No caso dos números sociables, a sucesión é cíclica, é dicir, os termos repítense.
 
O [[tempo|período]] desta sucesión, ou a [[orde]] do conxunto de números sociables, é o número de termos da sucesión que ten o ciclo.
 
Se o período da sucesión é 1, o número é un número sociable de orde 1, ou un [[número perfecto]]. Por exemplo, 6 ten por factores propios os números 1, 2 e 3, que á súa vez suman 6.