Nexo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Rei-bot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: es:Nexo (gramática)
m Conxunción (gramática)
Liña 1:
Habitualmente denomínase '''nexo''' a aquelas [[palabra]]s cuxa [[función sintáctica]] única e exclusiva é unir unhas [[palabra]]s, [[sintagma]]s, [[frase]]s, [[cláusula]]s ou [[oracións]] con outras, ben nun plano de igualdade ('''nexos coordinantes''') ben nun plano de importancia superior ou dominio da primeira palabra sobre a seguinte unida a ela despois do nexo ('''nexos subordinantes''').
 
Os nexos pertencen en xeral a distintas clases de palabras: [[preposición|preposicións]], [[Conxunción (gramática)|conxuncións]] e [[locucións conxuntiva]]s poden considerarse nexos puros; os relativos e [[adverbio]]s relativos son palabras ou grupos de palabras que poden funcionar como nexos pero que posúen outras funcións. Por outra banda, os [[marcadores do discurso]] ou procesadores textuais unen [[texto]]s mediante relacións lóxicas e non soamente palabras, sintagmas ou oracións e son estudados pola [[lingüística textual]].
 
==Véxase tamén==
*[[Conxunción (gramática)|Conxunción]]
*[[Marcadores do discurso]]
*[[b:Curso de lingua galega/Nexos|Os nexos]] no [[b:Curso de lingua galega|Curso de lingua galega]] (Wikibooks)