Física teórica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: bs:Teorijska fizika
Sen resumo de edición
Liña 10:
Algunhas teorías físicas están contrastadas pola observación, mentres que outras non resisten a proba. Unha teoría física é un modelo de sucesos físicos e non pode ser probado a partir de axiomas básicos. As teorías físicas son un modelo da realidade (ou modelan a realidade) e son unha estratificación do que foi observado, provindo de predicións de novas observacións.
 
PorénNo entanto a física teórica basea o seu progreso no uso da matemática para predicir fenómenos que aínda non foron observados experimentalmente así como outros que nos permiten coñecer o universo en formas non accesibles experimentalmente, en base a principios ben demostrados experimentalmente. PorénNo entanto a demostración final de todo coñecemento en física é experimental e ata que non se demostra desta forma as predicións da teoría non se pode estar seguro da validez dunha [[teoría]] ou [[Modelo estándar|modelo]]. Un exemplo está nos aceleradores de partículas nos que se buscan en moitas ocasiones partículas previstas polo modelo da física de partículas e frecuentemente atópanse outras non previstas inicialmente e que fan cambiar o modelo.
 
As teorías físicas poden ser aceptadas se permiten facer predicións correctas e desmentir predicións falsas. As teorías físicas máis sinxelas tenden a ser aceptadas sobre as máis complexas. O mesmo pasa coas que enlazan diversos fenómenos do campo da física. O proceso de proba dunha teoría física é parte do [[método científico]].