Grunge: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Desfíxose a edición 2192125 de BotDHojalata (conversa)
Liña 19:
As letras falan de temas semellantes como illamento social, apatía ou un desexo de liberdade. Están normalmente cheas de angustia e temas como a cólera, frustración, medo, depresión e adición a drogas son acotío explorados nas cancións grunge. O lirismo ten semellanza ao do punk e a percepción da [[xeración X]]. Un gran número de factores poden influenciar a estas letras. Moitas músicos do grunge e fans amosaban un xeral desencanto co estado da sociedade e desconformidade cos prexuízos sociais. Eles foron a miúdo identificados como ''slackers'' (a tradución literal podería ser calaceiro, e refírese a un mozo con falta de motivación) e o uso das drogas estaba estendido entre eles. Tamén moitos músicos grunge comezaron as súas carreiras na súa adolescencia ou mocidade, entón os sentimentos de angustia eran comúns. Porén, non todas as cancións grunge trataron eses temas: o tema satírico de [[Nirvana (grupo musical)|Nirvana]] "In Bloom" é un claro exemplo dunha composición en clave humorística. De feito, moitos temas grunge están cheos dun escuro ou divertido sentido do humor tamén (por exemplo, os temas de [[Mudhoney]] ''Touch Me, I'm Sick'' ou de [[Tad]] ''Stumblin' Man''), aínda que a miúdo pasaba inadvertido polo gran público. O humor no grunge adoitaba satirizar ao [[glam metal]] (por exemplo, "Big Dumb Sex" de [[Soundgarden]]) e outras formas do rock que eran populares durante os anos 80.
 
Os concertos grunge eran coñecidos por seren actuacións moi enérxicas. As bandas evitaban as presentacións complexas, que grupos doutros xéneros, como o [[heavy metal]], adoitaban facer; con espectáculo de luces, pirotecnia e outros efectos visuais. Polo contrario, as bandas actuaban como calquera banda local, usando só os seus instrumentos e voces e a súa propia presenza como ''efectos visuais''. PorénNo entanto, os concertos tiñan un certo nivel de interactividade. Os fans e músicos participaban por igual na actuación, ao estar o público moi preto do escenario, permitindo tal interacción.
 
==Bandas importantes==