Guerras napoleónicas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 2192138 de BotDHojalata (conversa)
Liña 120:
 
== Legado militar das guerras ==
As Guerras Napoleónicas, á súa vez, tiveron un fondo impacto no que atinxe ao militar. Ata os tempos de Bonaparte, os estados de Europa empregaran exércitos relativamente pequenos, cunha alta porcentaxe de [[mercenario]]s que, en ocasións, chegaban a atacar aos seus países de orixe a soldo de potencias estranxeiras. PorénNo entanto, as innovacións militares de mediados do [[século XVIII]] lograron recoñecer o potencial dunha ''nación en guerra''.
 
Napoleón foi innovador na práctica da mobilidade para enfrontarse á desvantaxe numérica, como demostrou na súa triunfal vitoria sobre as forzas austro-rusas na [[Batalla de Austerlitz]], [[1805]]. O exército francés reorganizou o rol da [[artillería]] en combate, creando unidades de artillería móbiles e independentes, en oposición ao típico ataque da artillería como sustento doutras unidades. Bonaparte tamén estandarizou os [[calibre]]s dos [[Canón (arma)|canóns]], co obxectivo de asegurares unha maior facilidade nas subministracións, e a compatibilidade entre as súas pezas de artillería. Tamén propiciou a [[ciencia]], a miúdo aplicada a unha mellor intendencia dos exércitos.