Hatshepsut: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Desfíxose a edición 2192145 de BotDHojalata (conversa)
Liña 32:
 
===O terceiro dos Tutmosis===
Tutmosis II tivo un reinado moi breve, e morreu en plena mocidade cando os seús dous únicos fillos coñecidos aínda estaban na primeira infancia. Como pasara na xeración anterior, a gran esposa real Hatshepsut non trouxera ao mundo un home, senón unha nena, polo que volveu abrirse unha crise sucesoria. Unha vez máis, Ineni conseguiu que a nobreza aceptase como único candidato factible a un fillo de Tutmosis II e dunha simple concubina, que sería nomeado rei como [[Tutmosis III]]. PorénNo entanto, a raiña viúva Hatshepsut non quería que a historia repetísese por segunda vez, e o certo é que a modificou considerablemente.
 
Dado que Tutmosis III era demasiado pequeno para gobernar, a gran esposa real de Tutmosis II asumiu a rexencia e pospuxo indefinidamente o matrimonio entre o novo rei e a súa filla, a princesa real [[Neferura]], única persoa que podería lexitimar o seu ascenso ao poder absoluto. A situación non era rara: houbo moitos casos de rexencia ao longo da historia exipcia, aínda que nunca dunha muller á que non a unía ningún lazo sanguíneo co rei.