Tren: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m mudando left, right, center -> esquerda, dereita, centro
m Produción (economía)
Liña 6:
O tren, puxado pola [[máquina a vapor]] tivo unha importancia enorme nos últimos douscentos anos. Foi sen dúbida o elemento máis importante da [[Revolución Industrial]], permitindo o transporte das [[materia prima|materias primas]] para as [[fábrica]]s rápida e eficazmente e levando os produtos acabados a persoas, a rexións distantes. Foi importantísima a súa contribución nas [[Primeira Guerra Mundial|Primeira]] e [[Segunda Guerra Mundial|Segunda]] Guerras Mundiais, levando rapidamente homes e [[arma]]s onde estes máis falla facían.
 
Os trens ligaron poboacións, rexións, países e continentes que ata entón estaban completamente isolados ou onde podería demorar semanas ou meses para facer unha simple comunicación entre si; na [[agricultura]], os produtos que corrian o risco de ficar nas rexións onde se producían, puideron comezar a ser despachados a grandes distancias, habendo moito menor risco da súa degradación, fomentando así o aumento das [[Produción (economía)|produción]]s.
 
Arredor das estacións ferroviarias, naceron e creceron vilas e cidades; a construción das [[ferrovía|liñas ferroviarias]] empregou moitos millares de persoas, de cidades, rexións e ata de países diferentes, contribuíndo así a aproximar diferentes pobos e culturas.