Diferenzas entre revisións de «Elite»

sen resumo de edición
m (Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America))
Dentro dunha mesma sociedade poden existir distintas elites, dependendo dos intereses particulares de cada unha delas. A existencia destas elites en plural relaciónase coa crecente diferenciación da sociedade. Na medida que distintos campos sociais se van facendo cada vez máis autónomos ([[arte]], [[economía]], [[ciencia]], [[política]], etc.), van emerxendo elites sectoriais que defenden os seus propios puntos de vista. Dende este ángulo, un dos problemas centrais das sociedades modernas é a integración horizontal, é dicir, o mantemento de relacións medianamente harmónicas entre distintas elites sectoriais. Por outra banda, tamén presentan o desafío da integración vertical, isto é, o establecemento dun contacto fluído co común da poboación.
 
Na historia do pensamento social este tema foi estudado dende a antigüidade, a partir de conceptos de sabedoría e virtude. PorénNo entanto, é cara a fins do [[século XVIII]] e comezos do [[século XIX|XIX]] cando a noción de elite cobra gran relevancia. A aparición do termo elite no [[lingua francesa|francés]] está intimamente relacionado cos ideais [[república|republicanos]], en tanto o concepto simboliza a demanda de que quen exerce o poder debe ser escollido segundo criterios de mérito e non segundo criterios de adscrición.
 
En termos analíticos, os pais dunha [[Teoría de elites]] son [[Caetano Mosca]] e [[Vilfredo Pareto]], aínda cando algúns tamén consideran a relevancia fundacional de [[Robert Michels]], sobre todo pola súa lei sobre a crecente oligarquización dos [[partido político|partidos políticos]] en particular e das organizacións sociais en xeral. Outro autor de grande relevancia é [[Wright Mills]], xa que el acuñou o termo de elite de poder. Con este concepto faise referencia ao núcleo de poder que en [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] se produce entre as elites económicas, políticas e militares.
103.099

edicións