Conferencia de Ialta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Sen resumo de edición
Liña 9:
{{Cita|Para o pobo ruso, a cuestión de Polonia non é tan só unha cuestión de honor senón tamén unha cuestión de seguridade. A través da historia, Polonia ten sido o corredor a través do cal o inimigo ten entrado en Rusia. Polonia é asunto de vida ou morte para Rusia.}}
 
Consecuentemente, Stalin deixou claro que algunhas das súas demandas acerca de Polonia non eran negociábeis: os rusos tomarían parte do territorio oriental de Polonia e esta sería compensada coa extensión das súas fronteiras polo oeste, forzando ó exilio a millóns de alemáns. Stalin prometeu eleccións libres en Polonia, a pesar do goberno comunista satélite instalado recentemente. PorénNo entanto, axiña se fixo patente que Stalin non tiña intencións de manter a súa promesa de eleccións libres. As eleccións, celebradas en xaneiro de 1947 e que tiveron como resultado a transformación oficial de Polonia en un [[estado socialista]] en [[1949]], foron amplamente consideradas como manipuladas a favor dos [[comunismo|partidos comunistas]].
 
Roosevelt estaba decidido a acadar o apoio da URSS na [[Guerra do Pacífico]]. Unha condición previa para que a URSS lle declarase a guerra ó Xapón foi o acordo entre a URSS e os EEUU que recoñecía a independencia de [[Mongolia]] respecto de [[China]]. Este acordo levouse a cabo sen negociacións diplomáticas con China. Pouco despois da fin da Conferencia de Ialta, a URSS [[Operación Tormenta de Agosto|declarou formalmente a guerra]] contra Xapón e tropas soviéticas ocuparon partes do norte do arquipélago nipón. Máis adiante, isto causou unha disputa territorial entre Xapón e Rusia, dende que Rusia non asinou o Tratado de Paz de San Francisco con Xapón e non se asinou ningún tratado de paz entre eles dende entón.[[Ficheiro:Livadiya Conference.JPG|miniatura|300px|Unha habitación do palacio onde se reuniron os tres líderes.]]