Coralismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Sen resumo de edición
Liña 18:
[[Josep Anselm Clavé i Camps|Josep Anselm Clavé]], baseándose nos modelos franceses, crearía as súas propias sociedades corais, que se distinguiron pola súa autoxestión, o seu carácter laico e por seren claramente interclasistas, nunha sociedade onde a división de clases era constante. En [[1860]] existían 85 corais impulsadas por Clavé. Tamén foi en Cataluña onde os irmáns [[Pere Tolosa|Pere]] e [[Joan Tolosa]] formaron o seu [[Orfeón Barcelonès]]. Entre ambos xurdiu unha intensa disputa sobre a calidade de ambos os coros e a quen correspondía a primeira iniciativa coral en Barcelona. Nesta discusión tamén se atopaban as diferenzas entre o concepto de orfeón defendido por Clavé, e a filosofía defendida por Joan Tolosa na que, sen esquecer a dimensión social, a calidade tamén era importante, de aí que incluíse a ensinanza de [[solfexo]] e os ensaios fosen habituais.
 
A expansión do coralismo foi, en resumidas contas, espectacular. Só en Francia, a principios do [[século XX]] contabilizábanse máis de 2000 sociedades corais. PorénNo entanto, tamén foron obxecto de críticas pola calidade interpretativa, non sempre a altura dos coros profesionais, e polo artificioso dos seus arranxos na súa época final.<ref name="nag"></ref>
 
Debido ao fenómeno da emigración tamén existían agrupacións en [[Montevideo]], [[Bos Aires]] e [[A Habana]], creadas por cataláns. Xa en 1902 existía un orfeón español.