Folla: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 12:
* [[mesófilo]]
 
A '''epiderme''' é unha camada de [[célula]]s transparentes moitas veces recuberta por unha [[cutícula vexetal|cutícula]] dun material semellante á [[cera]] que reduce a perda de auga por [[transpiración]]; nas plantas de [[clima]]s [[árido]]s, a cutícula pode ser tan espesa que dá ás follas unha consistencia [[coriáceo|coriácea]].
 
Os intercambios gasosos entre a folla e o [[ambiente|medio ambiente]] son efectuados principalmente por medio de pequenos orificios na epiderme chamados ''[[estoma]]s'', formados por dúas células en forma de [[feixón]], e que poden controlar a abertura, por exemplo para reducir a transpiración. Os estomas son xeralmente máis numerosos na parte inferior da folla.