Lingua mirandesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RedBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: et:Miranda keel
mSen resumo de edición
Liña 27:
}}A '''lingua mirandesa''' ou '''mirandés''' é unha lingua románica do grupo [[asturleonés]], falada no norte da [[Península Ibérica]]. É falada no [[Portugal]] nororiental, por unhas quince mil persoas, concretamente na vila e nas aldeas do concello de [[Miranda do Douro]] e en tres aldeas máis do concello de [[Vimioso]], nun espazo de 484 km², estendéndose a súa influencia por outras aldeas dos concellos de [[Vimioso]], [[Mogadouro]], [[Macedo de Cavaleiros]] e [[Bragança]].
 
== Características ==
O mirandés ten unha fonoloxía, morfoloxía e sintaxe distinta, e foi diferenciada polo menos dende a formación do Portugal ([[século XII]]). Ten as súas raíces do latín falado no norte da [[Península Ibérica]]. É un descendente da antiga lingua leonesa do norte da Iberia, o derradeiro remanente da antiga lingua do [[Reino de León]], e atópase fortemente ligado á [[lingua leonesa|lingua leonesa moderna]] e á [[lingua asturiana]]. Porén, estas amálgamas do territorio español non afectaron o mirandés, o cal preserva distintas diferenzas lingüísticas tanto do portugués como do castelán. Tamén mantén unha forte ligazón co léxico dalgúns dialectos rexionais portugueses.