Cánnabis (droga): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
+ imaxe
Toliño (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Macro cannabis bud.jpg|thumb|Flores secas da planta ''Cannabis sativa''. Os [[tricomas]] conteñen grandes cantidades de [[THC]], [[CBD]] e outros [[cannabinoide]]s.]]
{{FormatoWiki}}
O '''cánnabis''' é unha [[droga]] extraída da planta ''[[Cannabis sativa]]''. Na súa forma vexetal chámase '''marihuana''' e na súa forma resinosa chámase '''[[haxix]]'''.
Liña 14:
O cánnabis úsase tamén na [[cociña]], para a preparación de [[receitas]] como "space cake" ('torta espacial') e "hash brownies" ('bolos con haxix'). A inxestión por vía oral debe ser sempre ben medida, xa que desta forma se ingresa moita máis porcentaxe de THC que fumado ou vaporizado. Ademais, ao ser inxerido, o [[THC]] pasa polo [[fígado]] antes de chegar ao [[cerebro]], sufrindo leves cambios no fígado, que converten o THC noutra substancia distinta, con máis poder psicodélico e que pode provocar ataques de pánico. Tamén pode tomarse disolvéndoo en copas de café, creando así un "bhang" (do hindi).
 
A [[posoloxía]] é variable, como é natural, e depende do xénero consumido e da persoa, aínda que algúns expertos {{cómpre referencia}} no seu consumo informan que non se rexistra [[intoxicación]] letal ningunha (nin sequera intoxicación aguda) por vía respiratoria. A intoxicación aguda por vía dixestiva require grandes cantidades do produto.
 
==Usos==
Actualmente investíganse os usos médicos da marihuana para diversas enfermidades, o que xerou, de novo, certa polémica. Os seus defensores afirman {{cómpre referencia}} que hai evidencias segundo as cales é beneficiosa para eliminar as náuseas da [[quimioterapia]] e, no tratamento contra a [[sida]], o seu efecto estimulante do apetito axuda a combater a inapetencia. Tamén pode axudar a reducir a presión dos fluídos nos ollos asociados ao [[glaucoma]]. Hai numerosos estudios {{cómpre referencia}} que demostraron que pode axudar a reducir o medo e os tremores da [[esclerose múltiple]]. Outras visións más restritivas afirman que actualmente existen tratamentos e medicacións, sempre legais, para conseguir os mesmos efectos que se poidan lograr coa marihuana, se ben os críticos argumentan que esa maior eficiencia non foi probada nin contrastada pola comunidade científica.
 
==Efectos do consumo de cánnabis==
Liña 42:
En canto ao sistema circulatorio, o consumo de cánnabis provoca de xeito case inmediato taquicardia, polo cal as persoas que padecen insuficiencia cardíaca ou hipertensión poderían ver empeorados os seus síntomas.
Pode entorpecer a memoria, sobre todo, a memoria a curto prazo, o cal dificulta a retención dos sucesos que se viviron baixo os efectos da substancia. Tamén pode alterar a capacidade de concentración .
 
En caso de ser consumida con alcohol, esta combinación pode dar lugar a lipotimias (mareos ou desmaios) como consecuencia da acción vasodilatadora do alcohol e o aumento no consumo cerebral de osíxeno que provoca o THC. O cerebro necesita máis osíxeno do habitual e dispón dunha cantidade menor do mesmo.