Abreviatura: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado: ms:Singkatan kata |
Sen resumo de edición |
||
Liña 1:
Unha '''abreviatura''' é a representación [[escrita]] dunha ou varias [[palabra]]s mediante unha ou varias das súas [[letra]]s, a fin de que a palabra ou as palabras resulten máis curtas no [[texto]]. Créanse eliminando algunhas das letras ou [[sílaba]]s finais ou centrais.
Calquera escritor pode crear unha abreviatura para o seu uso particular.
== Métodos para abreviar ==
Liña 7:
Habitualmente considéranse dúas formas normais de abreviación: '''truncamento''' e '''contracción'''. A primeira implica a eliminación da parte final da palabra (por exemplo, "av." por ''avenida''). As abreviaturas obtidas por truncamento nunca poden rematar en [[vogal]] (por exemplo, aínda que en inglés é moi habitual, a abreviación "ave." por ''avenida'' é incorrecta en galego). Na construción de abreviaturas por contracción, elimínanse as letras centrais da palabra e déixanse só as letras máis representativas (por exemplo, "avda." por ''avenida''). Neste segundo método, é habitual o uso dunha letra ou letras finais voadas (por exemplo, "adm.<sup>or</sup>" por ''administrador'' ou "n.º" por ''número''). Estas letras voadas poden escribirse subliñadas ou sen subliñar.
Como se indica máis arriba, a norma é que as abreviaturas sempre finalicen nun punto, excepción feita dos [[símbolo]]s e os [[acrónimo]]s. Tamén se exceptúan a esta regra aquelas abreviaturas en que o punto se substitúe por unha barra inclinada "/" coma nos casos de ''rúa'' ("r/") ou ''conta corrente'' ("c/c"). Como se observa no anterior exemplo, cando a abreviatura se compón de dúas palabras, o segundo punto e o espazo que separa a ambas palabras tamén se eliminan. Outro caso de excepción á regra do punto é o das abreviaturas que se escriben entre parénteses (por exemplo "(a)" por ''alias''). Por contra, si se debe escribir o punto antes das letras voadas (por exemplo, "Sr.ª" por ''señora'' ou "art.º" por ''artigo''), e isto inclúe o uso do mesmo en abreviaturas con numerais (por exemplo, "3.º" por ''terceiro''). Por outra banda, cando a abreviatura sexa a última palabra da '''oración''', o '''punto''' que sinala o final da mesma substitúe ao correspondente punto da abreviatura (por exemplo en "trouxo martelo, chaves, etc.").
Outra cuestión interesante, é que as abreviaturas manteñen os [[til]]es das súas palabras de orixe (por exemplo, "páx." por ''páxina'' ou "admón." por ''administración''). Ata nas súas formas voadas (por exemplo en "C.<sup>ía</sup>").
|