Candlebox: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
m →‎Chegada á fama: Portland, Oregon
Liña 24:
 
===Chegada á fama===
Aínda en [[1992]], a banda acabou asinando un contrato coa discográfica [[Maverick Records]] (de propiedade de [[Madonna]] en sociedade coa Warner Music), e inmediatamente entrou no estudio para gravar o seu primeiro álbum coa axuda do produtor e amigo Kelly Gray. Dúas das cancións da cinta demo entraron no CD, "You" e "Far Behind". O primeiro lanzamento da banda foi o sinxelo "Change" en xuño de [[1993]], que foi tamén o primeiro videoclip, rodado en [[Portland, Oregon|Portland]]. O álbum, autotitulado ''[[Candlebox (álbum)|Candlebox]]'' chegou ás tendas en xullo de [[1993]], recibindo críticas bastante divididas.
 
Porén, como Candlebox fora unha das primeiras contratacións da dicográfica Maverick, a banda conseguiu asegurar unha boa divulgación para o seu traballo, e coa axuda do segundo sinxelo, "You", en outubro de [[1993]], as vendas do disco acadaron as 500.000 copias. Co lanzamento da balada "Far Behind", en febreiro de [[1994]], Candlebox chegou á súa cima. O álbum gañou disco de platino (1 millón de copias) e o videoclip estivo tres semanas consecutivas no primeiro lugar da [[MTV]].