Diferenzas entre revisións de «Vesícula»

m
r2.7.3) (Bot: Cambio fa:وزیکول (زیست‌شناسی) por fa:ریزکیسه; cambios estética
m (Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|))
m (r2.7.3) (Bot: Cambio fa:وزیکول (زیست‌شناسی) por fa:ریزکیسه; cambios estética)
[[Ficheiro:Sarfus.LipidVesicles.jpg‎|miniatura|250px|dereita|Imaxe obtida coa técnica Sarfus de vesículas lipídicas.]]
 
== Tipos de vesículas ==
[[Ficheiro: Hemozoin in food vacuole.jpg|miniatura|250px|esquerda|Micrografía electrónica dunha célula que contén un vacúolo alimenticio (fv) e un vacúolo de transporte (tv) no [[parasito]] da [[malaria]].]]
 
=== Vacúolos ===
Os [[vacúolo]]s son vesículas que conteñen principalmente auga.
*As [[célula vexetal|células vexetais]] distínguense por ter un ''gran vacúolo central'' que ocupa gran parte do volume celular, e que a célula da planta usa para o control [[osmose|osmótico]] e o almacenamento de nutrientes, aínda que tamén pode almacenar outros produtos e ten encimas.
*Os [[vacúolos contráctil]]es atopámolos en certos [[protista]]s, especialmente entre os [[cilióforos]]. estes vacúolos recollen auga do citoplasma e excrétana fóra da célula por un poro especial, evitando así rebentar pola [[osmose|presión osmótica]].
 
=== Lisosomas ===
*Os [[lisosoma]]s interveñen na dixestión celular. O alimento que se fagocita do exterior e queda incluído nun vacúolo alimenticio por [[endocitose]] é dixerido polos encimas lisosómicos cando o vacúolo se fusiona co lisosoma, orixinando un vacúolo dixestivo. Tamén interveñen na destrución de microorganismos fagocitados polos [[glóbulos brancos]] do sangue, e no procesamento de substancias dentro da célula, en asociación cos [[endosoma]]s.
 
*Os lisosomas tamén se usan para destruír orgánulos celulares defectivos ou danados, proceso chamado endofagocitose.
 
=== Vesículas de transporte ===
*As [[vesículas de transporte]] poden transportar moléculas entre dúas zonas do interior da célula, por exemplo, levan proteínas desdo o [[retículo endoplasmático]] rugoso ao [[aparato de Golgi]].
 
*As proteínas de membrana e as proteínas para a secreción sintetízanse nos [[ribosoma]]s do retículo endoplasmático rugoso. a maioría de ditas proteínas maduran no aparato de Golgi antes de chegar ao seu destino final, que pode ser un lisosoma, un [[peroxisoma]], ou o exterior da célula. Estas proteínas viaxan polo interior da célula dentro de vesículas de transporte.
 
=== Vesículas secretoras ===
As [[vesículas secretoras]] conteñen substancias que deben ser excretadas fóra da célula. As células teñen necesidade de excretar substancias por diversos motivos, como pode ser a eliminación de refugallos ou a secreción de substancias producidas pola célula que desempeñan unha función no organismo (hormonas, neurotransmisores, etc.), como sucede en células especializadas, as cales almacenan eses produtos en vesículas secretoras e despois libéranos cando é necesario.
Algúns exemplos de vesículas secretoras de células especializadas son os seguintes:
 
==== Tipos de vesículas secretoras ====
*As [[vesícula sináptica|vesículas sinápticas]] localízanse no [[terminal presináptico]] das [[neurona]]s e almacenan [[neurotransmisor]]es. Cando un sinal baixa polo [[axón]], as vesículas sinápticas fusiónanse coa membrana da neurona, liberando os neurotransmisores para que se poidan unir aos receptores da membrana da seguinte neurona e se transmita o impulso nervioso.
 
*Nos animais os tecidos [[endócrino]]s liberan [[hormona]]s na circulación sanguínea. Estas hormonas almacénanse primeiro en vesículas secretoras. Un bo exemplo disto é o tecido endócrino dos [[illote de Langerhans|illotes de Langerhans]] no [[páncreas]]. Este [[Tecido (bioloxía)|tecido]] contén varios tipos celulares, os cales se definen polas hormonas que producen.
 
*As vesículas secretoras conteñen encimas que se usan na fabricación da [[parede celular]] de [[planta]]s, [[protista]]s, [[Fungo (bioloxía)|fungofungos]]s, [[bacteria]]s, e [[Archaea|arqueas]] ou da [[matriz extracelular]] das células animais.
 
=== Outros tipos de vesículas ===
*As vesículas de gas das [[Archaea|arqueas]], [[bacteria]]s e moitos microorganismos [[plancto|planctónicos]], parece que serven para controlar a migración vertical na columna de auga, regulando o contido de gas da vesícula e, xa que logo, a flotabilidade, ou permiten á célula situarse de modo que teña unha captación máxima de luz.
 
* Os endosomas coñecidos como [[endosoma|corpos multivesiculares]] ou MVB, son unhas vesículas rodeadas de membrana que conteñen no seu interior outras pequenas vesículas, chamadas vesículas luminais, que se orixinaron por invaxinación da membrana perimetral do endosoma. Se soltan as súas vesículas internas no exterior da célula poden orixinar [[exosoma]]s.
 
== Formación e transporte de vesículas ==
[[Ficheiro:biological cell.svg|miniatura|dereita|300px|Célula eucariota cos seus orgánulos, na que se ve unha '''vesícula (4)''', e estruturas relacionadas coas vesículas como o [[retículo endoplasmático]] rugoso (5), e o [[aparato de Golgi]] (6).]]
 
Algunhas vesículas fórmanse cando parte da membrana do retículo endoplasmático ou do aparato de Golgi se evaxina do orgánulo. Outras fórmanse cando algún elemento de fóra da célula se introduce no seu interior por invaxinación da membrana plasmática ou por fagocitose con emisión de [[pseudópodo]]s.
 
=== Captura das moléculas a transportar ===
A formación das vesículas require a fabricación de numerosos revestimentos para elas, que as rodean e se unen ás proteínas que transportan no seu interior. Os revestimentos tamén atrapan diversas proteínas receptoras, chamadas receptoras da carga, os cales se encargarán de atrapar as moléculas da carga a transportar, que se unirán a elas.
 
=== Revestimento de vesículas ===
O revestimento das vesículas serve para conformar a superficie da membrana doante, e para seleccionar as proteínas específicas que formarán a carga a transportar dentro da vesícula. A selección das proteínas da carga faise uníndoas a certas marcas de clasificación que teñen ditas proteínas. Os complexos ou clusters proteicos do revestimento da vesícula seleccionan proteínas de membrana de carga nas vesículas que se evaxinan.
 
O revestimento de [[clatrina]] pénsase que se ensambla en resposta á [[proteína G|proteína regulatoria G]]. O revestimento de coatómeros ensámblase e desensámblase debido á proteína ARF ou [[ARF|factor de ribosilación do ADP]].
 
=== Unión das vesículas a membranas ===
Diversos marcadores de superficie das vesículas chamados [[SNARE]]s identifican cal debe ser a carga a transportar na vesícula, e complementariamente outros SNAREs da membrana do orgánulo de destino funcionan facilitando a fusión da vesícula transportadora coa membrana de destino. Os SNAREs vesiculares denomínanse ás veces cono v-SNAREs (v de vesícula) e os da membrana de destino como t-SNARES (t de ''target'', diana).
 
Pénsase que as proteínas regulatorias [[Rab]] supervisan a unión dos SNAREs. As proteínas Rab son proteínas regulatorias ligadas ao GTP, e controlan a unión dos SNAREs complementarios durante un longo período de tempo, suficiente para que a proteína Rab hidrolice o seu GTP ligado e fixe a vesícula na membrana destino.
 
=== Fusión de vesículas ===
{{AP|Fusión de vesículas}}
Para que se produza a fusión das vesículas coas membranas destino requírese que ambas as dúas se acheguen ata unha distancia de 1.5 nm. Para que suceda isto a auga debe ser desprazada da superficie da membrana vesicular. Isto é enerxeticamente desfavoable, e diversos estudos suxiren que o proceso require ATP, GTP e acetil-CoA.
 
=== Regulación dos receptores vesiculares ===
As proteínas de membrana que serven como [[receptor]]es son ás veces marcados con [[ubiquitina]] para a súa eliminación e redución da súa cantidade. Unha vez que chegan a un [[endosoma]] pola vía descrita antes, empezan a formarse vesículas dentro do endosoma, que levan con elas as proteínas de membrana destinadas á degradación. Cando o endosoma madura converténdose en [[lisosoma]] ou cando se une cun lisosoma, as vesículas que están no seu interior son completamente degradadas.
Sen este mecanismo só chegaría ao lumen do lisosoma a parte extracelular das proteínas de membrana, e só esta parte sería degradada.<ref>{{cite journal |author=Katzmann DJ, Odorizzi G, Emr SD |título=Receptor downregulation and multivesicular-body sorting |journal=Nat. Rev. Mol. Cell Biol. |volume=3 |issue=12 |pages=893–905 |year=2002 |pmid=12461556 |doi=10.1038/nrm973|url = http://www.colorado.edu/MCDB/odorizzilab/katzmann2002.pdf|format = pdf}}</ref>
A causa destas vesículas internas que teñen os endosomas, estes son denominados ''corpos multivesiculares''. A súa vía de formación non se comprende totalmente, e, a diferenza das outras vesículas descritas antes, a superficie exterior destas vesículas non está en contacto co [[citosol]], xa que están dentro do endosoma.
 
=== Preparación de vesículas ===
Téñense feito moitos estudos bioquímicos das vesículas fosfolipídicas. Para facer ditos estudos pode prepararse por [[sonicación]] unha suspensión homoxénea de vesículas fosfolipídicas,<ref>{{cite journal|doi=10.1021/bi00631a035|título=A simple method for the preparation of homogeneous phospholipid vesicles|year=1977|last1=Barenholz|first1=Y.|last2=Gibbes|first2=D.|last3=Litman|first3=B. J.|last4=Goll|first4=J.|last5=Thompson|first5=T. E.|last6=Carlson|first6=F. D.|journal=Biochemistry|volume=16|pages=2806|pmid=889789|issue=12}}</ref> ou inxectando unha solución de fosfolípidos nunha solución acuosa tampón de membranas.<ref>{{cite journal|doi=10.1016/0005-2736(73)90408-2|título=Single bilayer liposomes prepared without sonication|year=1973|last1=Batzri|first1=S|last2=Korn|first2=E|journal=Biochimica et Biophysica Acta (BBA) - Biomembranes|volume=298|pages=1015}}</ref> Deste modo, poden prepararse solucións acuosas de vesículas de diferente tamaño e con diferente composición en fosfolípidos.
 
== Notas ==
{{Listaref|2}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
*Bruce Alberts, et al. (1994); Molecular Biology of the Cell; Third Edition
 
=== Outros artigos ===
*[[Retículo endoplasmático]]
*[[Aparato de Golgi]]
*[[Exosoma]]
 
=== Ligazóns externas ===
*[http://www.biochemweb.org/lipids_membranes.shtml Lipids, Membranes and Vesicle Trafficking - The Virtual Library of Biochemistry and Cell Biology]
 
[[et:Vesiikul (bioloogia)]]
[[eu:Besikula]]
[[fa:ریزکیسه]]
[[fa:وزیکول (زیست‌شناسی)]]
[[fi:Vesikkeli]]
[[fr:Vésicule (biologie)]]
76.205

edicións