Diferenzas entre revisións de «Valdés»

m
r2.7.3) (Bot: Engado: uz:Valdés; cambios estética
m (→‎Historia: Roma Antiga)
m (r2.7.3) (Bot: Engado: uz:Valdés; cambios estética)

| align="center" colspan="2" | [[Ficheiro:Valdes Asturies map.svg|240px]]
[[Asturias]]
|---- bgcolor="#FFFFFF"
| [[Comarca]] ||
| [[Distancia]] || 540 [[quilómetro|km]] a [[Madrid]].
|---- bgcolor="#FFFFFF"
| [[Poboación]]
([http://www.ine.es/ INE] [[2005]])

- [[Densidade de poboación|Densidade]] ||
14.038 hab.

40,47 hab./km²
|---- bgcolor="#FFFFFF"
| [[Xentilicio]] || Valdesano/a.
'''Valdés''' (nome [[lingua asturiana|asturiano]]: '''Valdés''', nome [[lingua castelá|español]]: '''Valdés''', nome en [[lingua galega|galego]] '''Valdés''') é un [[concello]] [[España|español]] do [[Principado de Asturias]], e ten como capital [[Luarca]].

== Historia ==

Os datos máis antigos da presenza humana no [[concello]] de Valdés remoótanse ás épocas [[prehistoria|prehistóricas]], concretamente á etapa do [[achelense|achelense]], atopándose ferramentas e industrias de homínidos no xacemento de Busto, sendo ata o momento presente o lugar que deu os restos [[arqueoloxía|arqueolóxicos]] máis antigos de todo o norte peninsular. Tamén se localizaron restos industriais destas mesmas etapas nos lugares de Caroyas, Ribón e [[Paredes]]. Dentro da era [[megalitismo|megalita]], localízanse varias [[necrópole]]s [[túmulo|tumulares]] en zonas limítrofes con [[Cudillero]], [[Salas]], [[Villayón]] e en zonas interiores como Villuir, La Granda ou Piedrafita, sendo o campo encontrado en Xugadoiro o máis sobresaínte dentro destes descubrimentos.

Dentro da [[cultura castrexa]], varios son os asentamentos localizados por todo o concello, aínda que a ausencia de escavacións privan de determinar con exactitude a data de construción dos mesmos. O único que podemos supoñer é que os localizados no interior eran utilizados polos [[Roma Antiga|romanoromanos]]s para os seus traballos nas prospeccións [[ouro|auríferas]], e que os atopados nas proximidades costeiras podían-se relacionar co control da [[Lista de vías romanas|vía romana]] que se dirixía a [[Lugo]]. O que si nos achegou a época colonizadora romana son varias moedas, un selo, e unha lápida cunha inscrición romana atopada en Rellón de Merás, parroquia de [[Paredes]].

Os primeiros datos documentados que temos do concello de Valdés corresponden aos séculos [[século X|X]] e [[século|XI]], nos que se producen varias doazóns, tanto ao bispado de [[Oviedo]], como aos cenobios de Corias e Bárcena, que posuían varias igrexas e terreos do [[municipio]]. Xa nestes tempos a poboación de Valdés empezaba a ter unha considerable importancia, sendo dous séculos máis tarde, concretamente no ano [[1270]], cando o monarca [[Alfonso X o Sabio]] outorgou a Carta Puebla ao territorio, concedéndolles a partir deste momento e por culpa da [[anarquía]], roubos e danos que os nobres e cabaleiros cometían coas xentes do lugar, tódolos dereitos reais e liberdades, reservándose a [[Coroa de España|Coroa]] as posesións eclesiásticas. Sete anos máis tarde Valdés forma parte da creación da irmandade da maioría das póboas do occidente, que se desenvolve no Alto de La Espina, e na cal se comprometen todas elas a colaborar entre si, e rematar cos roubos e delitos na comarca.

A época [[idade media|medieval]] ven marcada pola influencia que tiña en toda [[Luarca]] o incipiente Gremio de Mareantes, que agrupaba pescadores, comerciantes e armadores para regular e defender os numerosos intereses comerciais que alí se daban. O [[século XV]] ven marcado polas disputas da nobreza ca [[monarquía]], tendo varias liñaxes unha autoridade bastante grande sobre boa parte da zona, feito que non agrada de ningunha maneira á Coroa. Boa mostra disto o constitue a construción da torre de Villa de Moros, antiga fortaleza medieval que pertenceu á casa dos Peláez. No [[século XVI]], Valdés aparece nas actas da [[Xunta Xeral do Principado de Asturias]] como integrante do partido dos cinco concellos, documentado por primeira vez no ano [[1462]] e que agrupaba os municipios de [[Grado (Asturias)|Grado]], [[Salas]], [[Pravia]], Valdés e [[Belmonte de Miranda|Miranda]]. Durante os séculos XVI, [[século XVII|XVII]] e [[século XVIII|XVIII]] a xurisdición municipal abarcaba 13 parroquias e un anexo e 189 entidades de poboación repartidas por todo o territorio.
Do [[século XX]] a nova máis destacada que se produce é o cambio do nome do concello en [[1909]], adoptando a nomenclatura da capital, non sendo restituido pola antiga e máis acorde denominación de Valdés ata o ano [[1985]]. Hoxe en día Valdés é un dos concellos asturianos nos que se pode desfrutar dunhas estupendas paisaxes montañosas, unhas bonitas veigas dos ríos, así como dunhas praias realmente belas, conseguindo ser un dos destinos turísticos máis solicitados. Singularmente fermosa é a vila de [[Luarca]], destino de namorados.

== [[Parroquia (civil)|Parroquias]] ==
{| border=0

* [[Alienes]]
* [[Arcallana]]
* [[Ayones]]

* [[Barcia, Valdés|Barcia]]
* [[Cadavedo]]
* [[Canero]]

* [[Carcedo]]
* [[Castañeo]]
* [[La Montaña (Asturias)|La Montaña]]

* [[Luarca]]
* [[Muñás]]
* [[Otur]]

* [[Paredes (Valdés)|Paredes]]
* [[Santiago (Valdés)|Santiago]]
* [[Trevías]]

== Festas ==
Entre as súas festas máis destacadas temos: o último domingo de xullo son as festas da Vaqueirada en Aristébano, e as da [[Virxe do Carme]] en Luarca e Barcia. O [[15 de agosto]] son as festas da Virxe do Rosario en Luarca, San Timoteo en Luarca o día [[22 de agosto]], La Regalina en Cadavedo o último domingo de agosto. O [[29 de setembro]] son as de San Miguel en [[Trevías]].

Multitude de celebracións sucédense por todo o territorio valdesano, sobre todo na estación estival, tendo cada festexo unha particularidade diferente. Así na festividade da Virxe do Rosario ten lugar unha procesión marítima con posterior procesión coa imaxe da Virxe, tirándose posteriormente a xuventude vestida ao mar. As festas de San Timoteo son unha das máis concorridas do verán astur, sendo o día [[22 de agosto]] o seu día grande, congregándose no Prau del Patrón unha infindade de xente. Na Vaqueirada de Aristébano, organizada conxuntamente con [[Tineo, Asturias|Tineo]], ten lugar unha tradicional voda [[Vaqueiro de alzada|Vaqueira]]. Tamén a celebración de [[Festa da Regalina|La Regalina]] ten a súa nota característica, combinando bailes e cantos, realizados polas mozas solteiras en honor da patroa. Ademais de todos estes festexos, tamén son destacables na Villa Blanca, os Entroidos e a Semana Santa, sen dúbida a máis importante do occidente asturiano.

== Personaxes ilustres ==
* [[Álvaro de Albornoz y Liminiana|Álvaro de Albornoz]] (*[[1879]]-†[[1954]]), político
* [[Fernán Coronas]] (*[[1884]]-†[[1939]]), poeta e sacerdote
* [[Severo Ochoa|Severo Ochoa de Albornoz]] (*[[1905]]-†[[1993]]), bioquímico, [[Premio Nobel de Fisioloxía o Medicina]] en [[1959]].
* [[Gil Parrondo|Gil Parrondo y Rico]] (*[[1921]]- ), decorador cinematográfico
* [[Margarita Salas|Margarita Salas Folgueras]] (*[[1938]]- ), científica

[[Categoría:Valdés| ]]
[[tr:Valdés, Asturias]]
[[uk:Вальдес]]
[[uz:Valdés]]
[[vi:Valdés, Asturias]]
[[war:Valdés, Asturias]]
76.016

edicións