República Krajina de Serbia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
- img commons
Liña 1:
 
A '''República Krajina de Serbia''' (en [[serbocroata]]:''Република Српска Крајина'') foi unha autodeclarada ([[1991]]) entidade serbia dentro de [[Croacia]] que existiu até ser conquistada polas forzas croatas en [[1995]]. Unha parte perviviu até [[1998]] baixo administración das [[Nacións Unidas]] na parte este de [[Eslavonia]].
 
Liña 35 ⟶ 34:
 
En xaneiro de 1992, o enviado da ONU [[Cyrus Vance]] media un alto o fogo. O ''JNA'' abandona Croacia deixando o seu armamento ás forzas paramilitares serbocroatas. Aínda así, os non serbios non puideron voltar ós seus fogares. O [[21 de febreiro]] de 1992 o Consello de Seguridade das Nacións Unidas ordena a creación da UNPROFOR (Forza de Protección das Nacións Unidas). En decembro de 1992, Croacia divide administrativamente o seu territorio e concede dous condados á minoría serbocroata. Ista medida é vista como tardía e insuficiente (non incluía territorios da rpública como Baranja, Eslavonia occidental e Srem occidental).
 
[[Image:BanknoteRSK.jpg|thumb|right|5.000 dinares da RKS de 1992, expedidos polo Banco Central en [[Knin]]]]
O [[26 de febreiro]] de [[1992]], Milan Babic dimite como presidente e é substituído por Goran Hadzic. Durante os seguintes tres anos, a república da apariencia de independencia, con goberno, exército, moeda, selos e relacións exteriores propias. Pero o seu principal valedor -Iugoslavia- pasa por un momento de aguda crise. Económicamente sofre hiperinflación, cambia tres veces de moeda e esta devalúase millóns de veces.