Diferenzas entre revisións de «Convair B-36 Peacemaker»

sen resumo de edición
m
[[Image:Convair B-36 Peacemaker.jpg|thumb|300px|Convair B-35 Peacemaker]]
O '''Convair B-36 Peacemaker''' foi un bombardeiro estratéxico dos [[Estados Unidos]], e o maior bombardeiro que tivo o exército dese país. O deseño comezou en [[1941]], o primeiro prototipo voóu en [[1945]] e o primeiro avión de producción foi entregado en [[1947]]. Como único bombardeiro de longo alcance en servizo, o B-36 covertéuse no principal pilar da disuasión nuclear dos [[Estados Unidos]] ata mediados dos anos 50, cando foi substituído polo [[B-52 Stratofortress]]. O último B-36 foi retirado do servizo en [[1959]].
 
==Deseño==
O concepto do B-36 empezou coa proposta de Consolidated Aircraft para cumplir un requerimento da USAAC para un bombardeiro intercontinental. Se [[Gran Bretaña]] era invadida polos alemanás, os bombardeiros estadounidenses terían que alcanzar [[Europa]] directamente dende [[América]]. Aínda que isto nunca sucedeu, o B-36 foi considerado necesario para levar a guerra a [[Xapón]] e o proxecto seguíu adiante.
 
O B-36 tomou forma como un avión con seis motores de inmensas proporcións: unha envergadura de 70m e unha lonxitude de 50. Os seis motores radiais Pratt & Whitney Wasp Major de 28 cilindros foron colocados nas grosas ás, propulsando (á metade de velocidade dos motores para manter as puntas subsónicas) inmensas hélices tripalas de 5 metros en configuración impulsora, para evitar que as turbulencias creadas pola hélice interferisen coa sustentación e aerodinámica das ás. A anchura destas (2,3 m) permitía ao enxeñeiro de voo acceder aos motores mentres o avión estaba no aire.
 
Coma no [[B-29 Superfortress|Boeing B-29 Superfortress]], unha cuberta de voo presurizada e a cabina estaban unidas ao compartimento dos artilleiros traseiros por un túnel presurizado equipado cun carriño con rodas para pasar a través. A tripulación era de 15 persoas: piloto e copiloto, radar/bombardeiro, navegador, enxeñeiro de voo, dous operadores de radio e oito artilleiros (3 dianteros e 5 traseiros). Existían catro literas para descanso e relaxación, así como unha cociña no compartimento traseiro.
 
O armamento defensivo eran seis torretas con canóns retractables controladas por control remoto, unha torreta traseira e unha montaxe no morro, cada unha equipada con dous canóns de 20 mm. Este foi o armamento defensivo máis poderoso nunca montado por un bombardeiro. A máxima carga de bombas era de 33t, en catro xigantescas bodegas de bombas.
 
O primeiro prototipo tiña un tren de aterraxe cunha enorme roda sinxela de 2,8 m de diámetro, pero esta configuración restrinxía o avión a só tres aeroportos en todos os [[Estados Unidos]] que fosen o bastante resistentes como para soportar a presión sobre o chan e os avións de producción tiñan tren de aterraxe de catro rodas.
 
[[Category:Aviación militar]]
62.888

edicións