Voivodina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m mudando left, right, center -> esquerda, dereita, centro
Liña 73:
Tras a [[batalla de Mohács]] e a caída do reino de Hungría en mans otomanas, a rexión sumiuse nun preríodo de anarquía e guerras civís. En [[1526]] o emperador [[Jovan Nenad]], líder dos mercenarios serbios, estableceu o seu poder en Bačka, o norte do Banato e unha pequena parte de Syrmia. Creou un estado independente efémero, con capital en [[Subotica]]. Jovan Nenad aproveitou a situación para proclamarse emperador serbio, coa vantaxe da confusión política e militar que había daquela. A nobeza húngara uniuse ás forzas contrarias ao emperador e venceron ás tropas serbias no verán de [[1527]]. O emperador foi asasinado e o estado desapareceu. Unhas décadas máis tarde a rexión pasou a formar parte do [[Imperio Otomán]], que gobernou a zona ata fins do s.XVII e primeiros do s.XVIII cando pasou a ser dependencia dos Habsburgo.
 
[[Ficheiro:Vojvodina03.png|miniatura|250px|leftesquerda]]
Na asemblea celebrada en [[Sremski Karlovci]] en maio de [[1848]] os serbios declararon a creación da provincia-ducado serbia de Voivoda, unha rexión autónoma dentro do [[Imperio austríaco]]. Estaba composta por Syrmia, Bačka, o Banato e [[Baranja]]. O metropolitano de Sramski Karlovici, [[Josif Rajačić]], foi elixido patriarca mentres que [[Stevan Šupljikac]] foi o primeiro duque.
 
Liña 86:
Na [[Segunda Guerra Mundial]] o eixe ocupou a rexión entre [[1941]] e [[1944]]. Bačka e Baranja foron unidas a [[Hungría]] mentres que Syrmia pasou a formar parte de [[Croacia]]. As outras dúas zonas seguiron formando parte de Serbia. Porén, o Banato tiña un réxime de autonomía controlado pola minoría alemá.
 
[[Ficheiro:Vojvodina map02.png|miniatura|250px|rightdereita]]
Tras a fin da ocupación do eixe a rexión volveuse converter nunha provincia autónoma de Serbia e pasou a ter a denominación actual coa mesma capital.