Eucalipto azul: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m thumb->miniatura
m mudando left, right, center -> esquerda, dereita, centro
Liña 55:
[[Ficheiro:Eucalipto Galicia.JPG|miniatura|esquerda|200px|Plantación de eucaliptos en [[Viveiro]]. Obsérvese a diferenza entre as follas novas (nas árbores novas da parte inferior da fotografía) e as adultas.]]
Dise que foi [[Rosendo Salvado|Frei Rosendo Salvado]] (1814-1900), que evanxelizou [[Australia]], quen trouxo a árbore a [[Galicia]] a mediados de [[século XIX]] <ref>Silva Pando non ve verosímil esta teoría porque o lugar de residencia do misioneiro estaba a máis de 3.000 km da zona australiana onde medra o ''E. globulus'', e supón que, de mandar algo, sería outra especie.</ref>, se ben outras fontes aseguran que as nosas árbores foron importadas dende [[Portugal]]. Non hai coincidencia na data exacta da súa introdución: Silva Pando afirma que comezou a plantarse en Galicia en 1845-1855; o edafólogo [[Francisco Díaz-Fierros|Díaz-Fierros]] dá como primeira cita en Galicia a de 1863 <ref>En Asturias, en 1865; en Cantabria, 1866; no País Vasco, 1867.</ref>, e tamén supón que procede de plantacións portuguesas, onde se coñecía desde 1839 <ref>Francisco Díaz-Fierros Viqueira, ''La Voz de Galicia'' (1 de setembro de 1989).</ref>; Pablo Ramil Rego asegura que Rosendo Salvado enviou as sementes en 1886 <ref>''La Voz de Galicia'', 3 de febreiro de 2009.</ref>.
[[Ficheiro:Eucalipto Santiago 01eue.jpg|Eucalipto de gran porte nun parque de [[Santiago de Compostela]].|miniatura|rightdereita]]
Nun principio cultivouse como árbore ornamental, e así podemos ver fermosos exemplares na Alameda de [[Santiago de Compostela|Santiago]], nos xardíns do Gran Hotel da Toxa ([[O Grove]]) ou no Pazo de Rubiáns ([[Vilagarcía de Arousa|Vilagarcía]]); pero axiña se espallou por toda Galicia (e o norte peninsular) para o seu aproveitamento madereiro, dado o seu rápido crecemento e facilidade de cultivo na [[clima de Galicia|climatoloxía galega]]: se a mediados dos sesenta do século pasado o eucalipto ocupaba en Galicia uns poucos centos de hectáreas <ref>Pablo Damil Rego, director do Instituto de Biodiversidade Agraria (''La Voz de Galicia'', 3.02.2009).</ref>, cara 1992 eran unhas 40.000 hectáreas <ref>Silva Pando. Refírese a eucaliptais puros, aos que habería que sumar outras 100.000 ha de superficie arborada mixta, con piñeiros e frondosas autóctonas.</ref> e en 2009 tiñamos xa 375.000 <ref>Tomás Fernández Couto, Director Xeral de Montes da Xunta de Galicia (''La Voz de Galicia'', 10.05.2009).</ref>. Hoxe está amplamente distribuído por toda Galicia, especialmente na franxa costeira, xa que non medra tan doadamente a alturas superiores aos 500-700 metros de altitude por ser sensible ás xeadas. En calquera caso e aínda que non resiste temperaturas por baixo dos -5&nbsp;°C, recupérase rapidamente grazas a eses brotes epicórmicos que se mencionaron antes.
 
Liña 73:
Entre as críticas que se lle fan destaca, en primeiro lugar, o feito de presentar unha extrema avidez pola auga, que pode chegar a causar a desecación de pozos e cauces próximos. Nestas elevadas necesidades de auga inflúe a densa rede de raíces, capaz de aproveitar a mínima greta do subsolo.
[[Ficheiro:Arquipélago de San Simón 2.JPG|260px|miniatura|Exemplares de eucalipto azul na [[illa de San Simón]], Redondela]]
[[Ficheiro:Marin Vista Xeral desde monte.jpg|250px|Vista xeral da [[illa de Tambo]] e os montes da ría de Pontevedra, reforestados con eucalipto azul e [[piñeiro do país]]|miniatura|leftesquerda]]
Esta afirmación, matizada nos últimos anos, acompaña ao eucalipto desde os primeiros momentos da súa introdución: Eladio Rodríguez escribía (1949) que "''Considéraselle útil por varios conceptos, pois polo seu rápido desenvolvemento deseca o terreo, contribúe a sandar as localidades pantanosas e crese que as emanacións das súas follas destrúen os xermes das febres palúdicas''". Tamén se consideraba, pola mesma razón, bo para curar o paludismo: Cuveiro escribía en 1876 que "''Se usa con buen resultado en las fiebres intermitentes <ref>Cos nomes de ''febres intermitentes'' ou ''tercianas'' designábase o paludismo ou malaria.</ref>. Fómrase unha infusion teiforme con catro das súas follas pecioladas ou dúas das sentadas, que se dá dous veces ao día aínda durante o acceso, xa que axiña disminúe a forza. O seu estracto recoméndase nas neuralxias''".