Bemil, Caldas de Reis: Diferenzas entre revisións

parroquia civil do concello de Caldas de Reis
Contido eliminado Contido engadido
Parroquia do Concello de Caldas de Reis.
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 21 de marzo de 2005 ás 20:48

Parroquia de Caldas de Reis adicada á advocación de Santa María. Conta con tres aldeas: Follente, Outeiro e Paradela. Nos últimos anos configurouse un novo núcleo de poboación próximo á área industrial das Veigas de Almorzar. A poboación está próxima aos mil habitantes. Conta cunha capela adicada a San Lourenzo no lugar de Outeiro e outra no lugar de Paradela. A Igrexa Parroquial foi construída a finais do século XII, aínda que do estilo románico só conserva a antiga fábrica medieval, a ábsida, o rosetón da fachada occidental e un treito do muro sur. Nela consérvanse tamén as reliquias de San Xusto, en honra ao cal se celebra unha popular romería o último domingo de Agosto. Outra festa moi populosa é a adicada á Virxe das Dores (fin de semana arredor do 15 de setembro)en Follente, que conta con dous días festivos: o primeiro coa tradicional verbena e o segundo cunha misa e procesión campestre e unha comida de confraternidade con varios centos de veciños.