Emmeline Pankhurst: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m mudando left, right, center -> esquerda, dereita, centro
Liña 5:
==Fundación de organizacións sufraxistas==
En [[1889]], Pakhurst fundou a ''[[Women's Franchise League]]'' (Liga pola Liberación das Mulleres), pero a súa campaña viuse interrompida polo falecemento do seu esposo no [[1898]]. En [[1903]] fundou a [[Women's Social and Political Union]] (Unión Social e Política de Mulleres), unha organización máis coñecida pola calidade dos seus militantes. Entre os seus membros incluíanse [[Annie Kenney]], [[Emily Wilding Davison]], que foi morta por un cabalo do rei no Derby de Epsom de [[1913]], como resultado dunha protesta sufraxista, e a compositora [[Dame Ethel Mary Smyth]]. A ela xuntaríanse as súas fillas, [[Christabel Pankhurst]] e [[Sylvia Pankhurst]], que farían contribucións moi valiosas ás súas campañas e de diferentes xeitos. A súa outra filla [[Adela Pankhurst]], emigrou a [[Australia]], onde foi unha activista política, primeiro no [[Partido Comunista de Australia]], e logo no [[Primeiro Movemento Australiano]] (Australia First Movement), de carácter fascista.
[[Ficheiro:Emmeline Pankhurst Memorial.jpg|miniatura|leftesquerda]]
As tácticas adoptadas por Pankhurst para chamar a atención sobre o movemento, levárana a que fose encarcerada varias veces, mais debido a súa orixe de clase burguesa, non tivo que soportar as mesmas privacións cás sufraxistas pertencentes ás clases traballadoras. Con todo, tivo que ser alimentada á forza máis dunha vez por practicar a [[folga de fame]]. Por outra banda, a súa forma de levar a campaña sufraxista non era ben vista por todos, provocando algunha disensión no movemento. A súa autobiografía "My own Story" (A miña Historia), foi publicada en [[1914]].