Casa de indianos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m mudando left, right, center -> esquerda, dereita, centro
Liña 1:
[[Ficheiro:Casa de indianos na mariña lucense 5.jpg|Casa de indianos na mariña lucense|miniatura|250px|rightdereita]]
As '''casas de indianos''' trátanse de construcións típicas nas zonas de emigrantes a [[América]]. Aqueles que triunfaban enviaban cartos ó seu lugar de procedencia e construían casas dun estilo en boga na América naquel entón, que contrastan coas da súa contorna pola riqueza de construción e formas, e que comezaron a ser chamadas así polo nome dos emigrantes ás Américas, '[[indiano|indianos]]'<ref>[http://digalego.com/diccionario/html/index.php?op=ver&id=36281&buscado=INDIANO&opcion=entrada Definición de ''Indiano'']</ref> os cales, en moitos casos actuaron como filántropos nas súas vilas natais, construíndo escolas, prazas, parques e restaurando as igrexas locais. Unha zona típica de casas de indianos é [[Ribadeo]] e a zona da [[Mariña Luguesa]] en xeral.