Diferenzas entre revisións de «Bésta»

m
mudando left, right, center -> esquerda, dereita, centro
m
m (mudando left, right, center -> esquerda, dereita, centro)
O arco de madeira foi substituído por un potente arco metálico formado por unha ou varias láminas metálicas unidas. A corda vexetal ou de tripa trenzada foi substituída finalmente por arame. E a frecha de vara vexetal foi substituída por una seta curta e metálica, capaz de perforar as [[coirazas]]. Agregóuselle perpendicularmente ao arco un carril acanalado no que se aloxaba a seta e sobre o que se desprazaba violentamente a corda impulsora ou arame. Para flexionar o arco metálico e vencer a súa potente resistencia realizábanse diversas manobras. As primeiras consistiron en poñer o arco en terra e tensar o arame con ambas máns ou o pe ata trabalo nun gancho; máis tarde montáronse mecanismos diversos sobre o carril central. O máis exitoso e usado foi o tensado mediante torniquete a manivela. O arame poderosamente tensado e suxeito por unha traba, disparábase cun gatillo.
 
[[Ficheiro:Armborst 1, Nordisk familjebok.png|150px|miniatura|leftesquerda]]
Esta arma mellorou radicalmente a eficacia do arco e frecha, pola súa grande potencia (o proxectil metálico perforaba unha [[loriga]] a 350 metros), precisión (ao poderse apuntar como un [[rifle]]) e eficiencia (era certeiro a maior distancia que a frecha, disparábase corpo a terra, a pe ou a cabalo e non precisaba tanta destreza como o arco para darlle ao branco. A súa lentitude de recarga era a principal desvantaxe. Nisto tomoulle vantaxe un novo arco aparecido por ese tempo en [[Gales]] ([[Illas Británicas]]): mentres o [[besteiro]] disparaba unha seta por minuto, no mesmo tempo un hábil e rexo arqueiro galés co seu enorme arco de 1,80 metros, lograba disparar dez frechas a case 300 metros de distancia.
 
103.099

edicións