Pedro Fernández de Andrade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
mSen resumo de edición
Liña 34:
}}
 
'''Pedro''' ou '''Pero Fernández de Andrade''' foi o segundo señor de [[Pontedeume]], [[Ferrol]] e [[Vilalba]]. Era fillo de Xoán Freire de Andrade e sucedeu ao seu tío [[Fernán Pérez de Andrade, O Boo|Fernán Pérez de Andrade, O Bo]], quen morreu sen descendencia masculina a pesar de ter un fillo que morreu xovennovo.
 
==A granxa de Reparada==
Pouco se sabe deste cabaleiro, cuxo mandato, de curta duración, non é moi importante. Quizais o feito máis salientable sexa a usurpación da granxa de Reparada (posteriormente [[Covas, Ferrol|Covas]]) que era dominio dos [[Mosteiro de Sobrado|monxes de Sobrado]]. A granxa fundáranna estes monxes con doazóns feitas polo rei [[Fernando II de León e Galicia|Fernando II]] por privilexio dado na [[A Coruña|Coruña]] o 15 de febreiro de [[1158]].
 
A granxa de Reparada incrementou a súa importancia por outro privilexio dado polo rei [[Sancho IV de Castela|Sancho ''el Bravo'']] en [[Lugo]] no ano [[1286]], mediante o cal concedía ao mosterio de Sobrado o [[Wikt:dezmo|dezmodécimo]] da [[Balea|baleaxe]] que se matase no porto de Prioiro, pertencente á granxa de Reparada.
 
Como queira que o couto de Reparada lindaba con Ferrol, que era señorío dos [[Casa de Andrade|Andrade]], estes sempre tentaron de ampliar os seus dominios coas propiedades da granxa. O rei [[Xoán I de Castela|Xoán I]] viuse obrigado a exhortar a Pedro Fernández de Andrade para que devolvese aos monxes a propiedade da granxa. Porén, os seus descendentes sempre fixeron intentos de apoderarse da granxa ou, cando menos, da parte mellor: o porto e o monte de Prioiro. Cansos os monxes de loitar cos Andrade, acabarían cedendo o referido porto que os seus descendentes posuían aínda a comezos do [[século XIX]] ata que foron abolidos os dereitos señoriais.
Liña 48:
O porto de Prioiro era un dos que había na idade media para a matanza das baleas que se capturaban nas costas galegas. O seu maior desenvolvemento acadouse nos [[Século XIII|séculos XIII]] e [[século XIV|XIV]] e eran, principalmente, pescadores [[Biscaia|biscaiño]]s os que faenaban.
 
A coroa tiña os dereitos do dezmodécimo da baleaxe, así podían facer cesións dese dereito como fixo Sancho ''el Bravo'' cos monxes de Sobrado. Os pescadores de baleas tentaron moitas veces de liberarse deste imposto sen conseguilo, dando lugar a curiosos preitos.
 
A caza de baleas foi minguando por varias razóns que levaron á sobrepesca: Aumentou o número de barcos, mesmo viñan barcos franceses; os portos baleeiros aumentaran considerablemente e os barcos aumentaran a súa tonelaxe.