Dr. Zaius: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Gallaecio (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m Música rock
Liña 7:
| país = {{GALb}} [[Galiza]]
| período = [[2006]] - actualidade
| xénero = [[Música rock|Rock]], rock clásico
| selo = ningún
| membros = Luís F. Fernández (voz e guitarra)<br>Guille G. Casas (guitarra e coros)<br>Jose Rial (guitarra)<br>David Borjas (batería)<br>Fran J. Rodríguez (baixo)
Liña 13:
| web =
}}
Os '''Dr. Zaius''' son un grupo de [[Música rock|rock]] galego fundado en [[Vigo]] ([[Galiza]]) alá polo ano [[2006]] formado por cinco membros. Os membros principais da banda, Luís Fernández (voz principal e guitarra rítmica) e Guillermo García Casas (guitarra principal e coros) levaban xa anos exercendo un laborioso traballo no ámbito musical. O primeiro deles levaba anos actuando polo panorama musical alternando entre Vigo e Ourense,e o segundo polo panorama musical de Vigo, ata que decidiron xuntarse e tocar xuntos, a pesar diso non se consolidaron como tal ata anos recentes.
 
Anteriormente, tomaran parte no escenario galego como banda de versións, participando activamente en diversos eventos polo que contan ademais cunha modesta experiencia de cara ao público e de cara á música. Así é como ámbolos dous compoñentes se reúnen e deciden dar nacemento a un grupo que dispón dunha notable formación xuntándose co resto dos membros: Jose Rial, David Borjas e Fran J. Rodríguez.