Skinny Puppy: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m Música rock
Liña 16:
'''Skinny Puppy''' é un grupo de [[música industrial]] da cidade canadense de [[Vancouver]] formado en 1982. Nun principio non era máis que un proxecto experimental de [[cEvin Key]] mentres inda estaba no grupo [[Images In Vogue]], tamén se unira na experiencia [[Nivek Ogre]] como vocalista e Skinny Puppy acabou por se converter na súa banda principal. Key e Ogre foron os únicos membros permanentes na vida do grupo, outros membros que pasaron pola banda foron [[Dwayne Goettel]] (1986–1995), [[Dave Ogilvie]] (1982-1995), [[Mark Walk]] (desde 2003) e como convidados pasaron polo grupo [[Bill Leeb]] (1985–1986, co nome de Wilhelm Schroeder), [[Al Jourgensen]] (1989) e moitos outros.
[[Ficheiro:Skinny Puppy live at London Astoria, August 10 2005 5.jpg|miniatura|Skinny Puppy en Londres en 2005]]
Inspirada na música de grupos como [[Nocturnal Emissions]], [[Portion Control]] e [[The Legendary Pink Dots]] os Skinny Puppy experimentaron con técnicas de gravación analóxica e dixital, compoñendo música con [[sintetizador]]es, [[caixa de ritmos|caixas de ritmos]], percusións acústicas, distorsións, samplers e instrumentos musicais convencionais da música [[música rock]]. Tamén incorporaron pezas de filmes e de transmisións de radio nas súas cancións, aplicando amplamento o efecto de distorsión e outros efectos na voz de Ogre que grava frecuentemente como se recitase un [[monólogo interior]]. Os temas das súas cancións van desde os [[dereitos animais]], a [[política]], a [[relixión]], a [[droga]], a [[doenza]] á [[degradación ambiental]] ou ao [[terror]].
 
[[Categoría:Grupos musicais de Canadá]]