Castromil (autocares): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Compostela - Castromil.jpg|miniatura|Coche de liña de Castromil.]]
'''Castromil''' foi unha empresa galega de transporte de viaxeiros por estrada con sede en [[Santiago de Compostela]] fundada en [[1917]] por [[Evaristo Castromil]].
 
Liña 6 ⟶ 7:
En [[1917]] funda o que máis tarde sería Castromil, con sede en Santiago. Iniciou o negocio de viaxeiros e mercadorias con seis autocares Saurer, mercados na [[Alemaña]].<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/10/11/5185908.shtml Castromil, ya sólo un recuerdo], ''[[La Voz de Galicia]]'' {{es}}.</ref> A cidade xa tiña liña de ferrocarril con [[Vigo]], [[Pontevedra]] e [[Portugal]] pero non coas vilas do interior nin coa [[A Coruña|Coruña]].
 
Nos comezos do trasporte por estrada había varias empresas facendo as mesmas rutas e competindo entre elas. En [[1924]] promulgouse a Real orde do 4 de xullo, pola que se regularon os servizos de viaxeiros e mensaxería. Só se permitía unha empresa por concesión. Castromil fíxose coas concesións das rutas que xa facía. En [[1928]] tiña en exclusividade A Coruña, Santiago, [[Caldas de Reis]], Pontevedra e Vigo.<ref>[http://castromil69.blogspot.com.es/ Evaristo Castromil Otero (1876-1969) por Sarai Lorenzo, Jennifer Piñeiro y Romina Juncal]</ref> Algúns destes autobuses podían levar carga sobre o teito e mesmo algúns tiñan asentos de madeira para viaxeiros, tamén no inverno. Había billetes de primeira, segunda e terceira. A empresa completaba a oferta de transporte de viaxeiros co transporte de mensaxería e o viaxeiro pagaba un suplemento polos vultos que levase. A empresa foi medrando pero tamén a competencia doutras empresas. O negocio do transporte en Galiza estaba moi dividido en empresas pequenas moi localizadas xeograficamente.
 
En [[1969]] morreu Evaristo Castromil. O seu fillo Ramón seguiu coa empresa; o neto fíxose cargo da presidencia.