Wikipedia:Citar as fontes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
máis reformas coa axuda de en.wp
Toliño (conversa | contribucións)
→‎Cando e por que citar: máis adaptado de en.wp
Liña 26:
 
En particular, cómpre dar fontes cando exista [[WP:V#Material cuestionable ou suxeito a selo|material cuestionable ou suxeito a selo]]. Se non se poden atopar referencias para estes contidos, probablemente desaparecerán do artigo. As referencias tamén son necesarias ao citar as verbas dunha persoa ou ao parafrasear unha fonte. Porén, a cita das fontes non está limitada a estas situacións unicamente; engadir, aumentar ou mellorar as referencias é tamén unha boa forma de ampliar os artigos.
 
As páxinas de [[Wikipedia:Homónimos|homónimos]] ''non'' conteñen citas, xa que calquera información contida nestas páxinas estará referenciada na páxina de seu. Tamén é recomendable deixar a introdución dos artigos sen referencias, dado que o único que fai é resumir a información que despois se tratará no desenvolvemento do artigo, no que si cómpren as referencias.
 
No caso das imaxes ou do resto de ficheiros multimedia, os detalles sobre a súa orixe e o estado dos dereitos de autoría deben aparecer na páxina do ficheiro. Os pés de foto deben ser referenciados como calquera outra parte do artigo. Non obstante, non é necesaria unha cita cando a descrición simplemente identifica o que aparece na imaxe.
 
{{En uso}}
 
==Citas en liña co texto==
No texto dun artigo, citar referencias entre parénteses, no formato "APELIDO (ano)" (indique o ano da publicación orixinal para un traballo reeditado). En caso necesario, indique os capítulos ou páxinas despois do ano (con vírgula), se a información for difícil de encontrar nun libro voluminoso. Cando unha referencia é usada como un substantivo, poña o ano entre parénteses, por ex. ''Milton (1663) di...''. Para dous autores, use (autor1 e autor2, ano); para máis autores, use (autor1 et al., ano). Note que estas citas no texto son frecuentemente innecesarias, a menos que haxa unha longa lista de referencias e non estea claro cal delas debe consultar o lector para máis información sobre un asunto específico.