Charles J. Pedersen: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio Categoría:Químicos de Estados Unidos por Categoría:Químicos dos Estados Unidos de América
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 36:
Na década de 1960 conseguiu a [[Síntese|síntese química]] dun grupo de compostos orgánicos de forma ocasional, os cales denominou [[éter coroa]] pola forma da súa estrutura: un anel flexible de [[átomo]]s de [[carbono]] formados por grupos etilenoxi (CH2-CH2-O-). Nas súas investigacións demostrou que era posible fabricar nun laboratorio [[molécula]]s que poden reaccionar selectivamente con outros átomos e compostos, tal e como o fan as [[encima]]s nos organismos vivos, de maneira que sexan selectivas para cada [[catión]], debido á carga negativa xerada polos dipolos na molécula. A obtención destes compostos foi de forma ocasional, xa que Pedersen investigaba sistemas capaces de encapsular ao grupo gavinoxilo en síntese catalítica de polímeros.
 
En [[1987]] foi galardoado co Premio Nobel de Química, xunto co químico estadounidense [[Donald James Cram]] e o francés [[Jean-Marie Lehn]], ''polo desenvolvemento e utilización de moléculas de interacción de alta selectividade''. Este galardón contribuíu a que os éteres[[éter]]es coroa non caian no esquecemento e utilizáronse para múltiples investigacións científicas.
 
Actualmente os éteres coroa están sendo utilizados en investigación química como grupos funcionais capaces de recoñecer selectivamente os catións e xa que logo ofrecer novos sistemas químicos, tanto fotosensibles como novos materiais. Nos últimos anos foron utilizados para a obtención de novos cristais líquidos, tanto orgánicos como organometálicos, nos cales a mesogenia pérdese pola introdución dun catión ou se ve modificada para xerar novas mesofases. Ademais, tamén foron utilizados para a obtención de compostos polinucleares con interesantes propiedades luminiscentes, xa sexan fluoro ou fosforescentes.