Éster: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|center| +|centro|)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Ester.svg|miniatura|150px|Fórmula xeral dun éster.]]
 
En [[química]], os '''ésteres''' son compostos orgánicos derivados da reacción dun [[ácido osixenado]] orgánico ou inorgánico cun grupo OH ([[hidroxilo]]) doutra substancia, que pode ser un [[alcohol]] ou un [[fenol]]<ref>{{cita libro| autor=IUPAC Compendium of Chemical Terminology - The Gold Book 2nd edition|título = esters |ano=1997| file = E02219}}[http://goldbook.iupac.org/E02219.html]</ref>. Nos ésteres un grupo [[alquilo]] (simbolizado por R' e procedente do alcohol) substitúe a un átomo de [[hidróxeno]] do ácido osixenado. Etimoloxicamente, a palabra ''éster'' provén da voz do [[lingua alemá|idioma alemán]] '''Es'''sig-Ä'''ther''' (''[[éter]] de vinagre''), como se chamaba antigamente ao [[acetato de etilo]], e o termo foi acuñado en química polo alemán [[Leopold Gmelin]]<ref>Leopold Gmelin, ''Handbuch der Chemie'', vol. 4: ''Handbuch der organischen Chemie'' (vol. 1) (Heidelberg, Baden (Germany): Karl Winter, 1848), [http://books.google.com/books?id=4ooMAQAAIAAJ&pg=PA182&lpg=PA182#v=onepage&q&f=false page 182].</ref>.
 
Nos ésteres máis comúns o ácido en cuestión é un [[ácido carboxílico]] (co grupo -COOH). Por exemplo, se o ácido é o [[ácido acético]], o éster denomínase [[acetato]]. Os ésteres tamén se poden formar con ácidos inorgánicos, como o ácido carbónico (orixina ésteres carbónicos), o ácido fosfórico (ésteres fosfóricos) ou o [[ácido sulfúrico]]. Por exemplo, o sulfato de dimetilo é un éster, ás veces chamado "éster dimetílico do [[ácido sulfúrico]]".