Casa da Música: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
+ imaxe
Liña 1:
{{Coordenadas|41|09|32|N|08|37|52|W|display=title}}
 
[[Ficheiro:CasadaMusica.jpg|miniatura|dereita|300px|Casa da Música, na noite da inauguración]]
 
 
A '''Casa da Música''' é a principal sala de espectáculos de [[Porto, Portugal|Porto]]. Foi proxectada polo arquitecto holandés [[Rem Koolhaas]] e construída como parte do proxecto Porto [[Capital Europea da Cultura]] en 2001 ([[Porto 2001]]). Malia que a súa construción non foi rematada ata o 2005, axiña se converteu nunha icona da cidade.
 
==Construción==
[[Ficheiro:Casa-da-musica(interior).1024.jpg|miniatura|300px|Vista interior do auditorio]]
 
A Casa da Música foi construída a carón dun dos principais eixos de tráfico do centro da cidade, a Rotonda da Boavista. O lugar onde está actualmente o edificio era usado para recollida e reparación dos tranvías da cidade. Se ben proxecto excedeu os catro anos estimados para a súa construción, e os custos ascenderon a aproximadamente 100 millóns de €, o proceso de construción trouxo novos desafíos á [[enxeñería]] coa fin de conseguir a forma insólita do edificio. Os traballos de enxeñería estiveron a cargo das empresas Ove Arup de [[Londres]] e Afassociados de Porto.
 
[[Ficheiro:Casa-da-musica(interior).1024.jpg|miniatura|300px|Vista interior do auditorio]]
 
==Críticas dos especialistas==
[[Ficheiro:Neubauten.jpg|miniatura|dereita|300px|Concerto de [[Einstürzende Neubauten]], maio de 2008.]]
A arquitectura do edificio foi aclamada internacionalmente. [[Nicolai Ouroussoff]], crítico de [[arquitectura]] do [[New York Times]], clasificouno como "o proxecto máis atraente que o arquitecto Rem Koolhaas construíu" e como "un edificio cun ardor intelectual combinado coa súa beleza sensual". Comparouno tamén "co exuberante proxecto" do [[Guggenheim|Museo Guggenheim de Bilbao]] do arquitecto [[Frank Gehry]] en [[Bilbao]]. "Mirando simplemente o aspecto orixinal do edificio, verifícase que esta é unha das máis importantes salas de espectáculos construída nos últimos 100 anos", comparándoa coa sala de espectáculos de [[Walt Disney]], en [[Los Ángeles]], ou co auditorio da [[Berlim Philharmonic]].
 
==Inauguración==
[[Ficheiro:CasadaMusica.jpg|miniatura|dereita|300px|Casa da Música, na noite da inauguración]]
 
Malia que o primeiro concerto foi o día 14 con [[Clã]] e [[Lou Reed]], o espazo foi inaugurado o 15 de abril de 2005 polo Presidente da República [[Jorge Sampaio]]. O Primeiro Ministro, políticos, e a sociedade de Porto estiveron presentes no concerto dado pola [[Orquestra Nacional do Porto]].
 
==Funcionalidade do Edificio==
A Casa da Música posúe dous auditorios principais, se ben outras áreas do edificio poden ser adaptadas para concertos ou espectáculos (oficinas, actividades educacionaiseducativas etc).
 
* O auditorio grande ten unha capacidade inicial para 1.238 persoas, mais pode variar de acordo coa ocasión.