Valdés: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Modifico: ar:فالديس، أستورياس
m →‎Historia: Roma Antiga
Liña 48:
Os datos máis antigos da presenza humana no [[concello]] de Valdés remoótanse ás épocas [[prehistoria|prehistóricas]], concretamente á etapa do [[achelense|achelense]], atopándose ferramentas e industrias de homínidos no xacemento de Busto, sendo ata o momento presente o lugar que deu os restos [[arqueoloxía|arqueolóxicos]] máis antigos de todo o norte peninsular. Tamén se localizaron restos industriais destas mesmas etapas nos lugares de Caroyas, Ribón e [[Paredes]]. Dentro da era [[megalitismo|megalita]], localízanse varias [[necrópole]]s [[túmulo|tumulares]] en zonas limítrofes con [[Cudillero]], [[Salas]], [[Villayón]] e en zonas interiores como Villuir, La Granda ou Piedrafita, sendo o campo encontrado en Xugadoiro o máis sobresaínte dentro destes descubrimentos.
 
Dentro da [[cultura castrexa]], varios son os asentamentos localizados por todo o concello, aínda que a ausencia de escavacións privan de determinar con exactitude a data de construción dos mesmos. O único que podemos supoñer é que os localizados no interior eran utilizados polos [[Roma Antiga|romano]]s para os seus traballos nas prospeccións [[ouro|auríferas]], e que os atopados nas proximidades costeiras podían-se relacionar co control da [[Lista de vías romanas|vía romana]] que se dirixía a [[Lugo]]. O que si nos achegou a época colonizadora romana son varias moedas, un selo, e unha lápida cunha inscrición romana atopada en Rellón de Merás, parroquia de [[Paredes]].
 
Os primeiros datos documentados que temos do concello de Valdés corresponden aos séculos [[século X|X]] e [[século|XI]], nos que se producen varias doazóns, tanto ao bispado de [[Oviedo]], como aos cenobios de Corias e Bárcena, que posuían varias igrexas e terreos do [[municipio]]. Xa nestes tempos a poboación de Valdés empezaba a ter unha considerable importancia, sendo dous séculos máis tarde, concretamente no ano [[1270]], cando o monarca [[Alfonso X o Sabio]] outorgou a Carta Puebla ao territorio, concedéndolles a partir deste momento e por culpa da [[anarquía]], roubos e danos que os nobres e cabaleiros cometían coas xentes do lugar, tódolos dereitos reais e liberdades, reservándose a [[Coroa de España|Coroa]] as posesións eclesiásticas. Sete anos máis tarde Valdés forma parte da creación da irmandade da maioría das póboas do occidente, que se desenvolve no Alto de La Espina, e na cal se comprometen todas elas a colaborar entre si, e rematar cos roubos e delitos na comarca.
Liña 57:
 
Do [[século XX]] a nova máis destacada que se produce é o cambio do nome do concello en [[1909]], adoptando a nomenclatura da capital, non sendo restituido pola antiga e máis acorde denominación de Valdés ata o ano [[1985]]. Hoxe en día Valdés é un dos concellos asturianos nos que se pode desfrutar dunhas estupendas paisaxes montañosas, unhas bonitas veigas dos ríos, así como dunhas praias realmente belas, conseguindo ser un dos destinos turísticos máis solicitados. Singularmente fermosa é a vila de [[Luarca]], destino de namorados.
 
 
==[[Parroquia (civil)|Parroquias]]==