Claudio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m Imperio Romano
Liña 4:
[[Ficheiro:Claudius Pio-Clementino Inv243.jpg|miniatura|Busto de Claudio como [[Xúpiter (mitoloxía)|Xúpiter]] en mármore, arredor do ano [[50]].]]
 
'''Tiberio Claudio Nerón Druso Xermánico''' (en [[latín]] ''Tiberius Claudius Nero Drusus Germanicus''), nado en [[Lugdunum]] (actual [[Lyon]], en [[Francia]]) o [[1 de agosto]] do ano [[10]] e finado o [[13 de outubro]] do [[54]], foi un emperador e historiador [[Imperio Romano|romano]].
 
Membro dunha poderosa [[gens]] romana (era neto de [[Marco Antonio]] e tío avó de [[Calígula]]) nunca foi prepararado para a política debido a súa invalidez (hoxe en día se cre que era debida a [[polio]]). Tralo asesinato de Calígula a mans da [[Garda Pretoriana]], foi encontrado agochado no palacio imperial. Ante a ausencia dun aspirante mellor a Garda Pretoriana presentouno como novo emperador ante o [[Senado romano|Senado]] que non tivo máis remedio que aceptalo. O seu mandato lémbrase con benevolencia. O Imperio Romano estendeuse a [[Britania]] (actual [[Inglaterra]]) e [[Mauritania]]. Fundou Colonia Claudia Ara Agrippinensis (actual [[Colonia - Köln|Colonia]], [[Alemaña]]). Construíu o [[acueduto Claudiano]] e baixo o seu mandato a institución imperial asentouse, tomando máis poder e centralizando os asuntos de estado. Ao parecer a súa morte débese a que foi envelenado pola súa muller, [[Agripina a menor]].