Afección (hobby): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Elimino: as:হবি (deleted)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 12:
Son actividades recreativas estruturadas (ou semiestruturadas) cun fin lúdico (aínda que as veces poidan ter tamén unha finalidade de adestramento mental ou físico). O que identifica e define a cada [[xogo]] son os obxectivos que os xogadores deben atinxir respectando unha serie de regras dadas. Deste xeito pódense distinguir unha enorme variedade de xogos: [[videoxogo]]s, xogos de mesa, de rol, de simulación, de estratexia etc. Algúns xogos destacados son: o [[xadrez]], o [[tetris]], as [[damas]], [[parchís]], [[tute]], [[sete e medio]], [[póker]], o [[backgammon]], [[dominó]], [[Dragóns e alxubes]] etc.
 
Algúns xogos supoñen a realización de actividades físicas o que fai que a fronteira entre xogo e deporte sexa ás veces moi difícil de establecer ou que se inclúan todos os deportes como xogos. De feito moitos deportes comezaron como xogos. Así na fronteira entre o xogo popular e o deporte: a [[Xogo da chave|chave]], a [[billarda]], a [[petanca]], o [[brilé]] etc. E xa como deportes que son practicados coma unha afección: [[fútbol]], [[balonmán]], [[baloncesto]], [[atletismo]] etc.
 
Resulta tamén complicado establecer unha diferenciación entre xogo, deporte e toda unha serie de actividades recreativas que se realizan ao ar libre. Deste xeito o [[sendeirismo]], o [[montañismo]], o [[skate]], montar en [[bici]], montar a [[cabalo]], o [[surf]] etc. encóntranse a medio camiño entre as diferentes definicións, sendo moitas veces a propia actitude do practicante a que establece se estamos a falar dunha afección deportiva ou lúdica (ou de ambas).