Igrexa de San Pedro da Mezquita: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
coordenadas
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 8:
É de planta lonxitudinal e unha sola nave, con contrafortes e delimitada por unha imposta que percorre todo o edificio, baixo a que se atopa unha sucesión continua de modillóns que representan animais simbólicos (lobo, serpe), figuras antropomorfas e unha roseta. Remata nun piñón sobre o que se dispón un ''Agnus Dei'' e unha cruz antefixa co cordeiro mirando cara ao oeste, caso único en Galicia.
 
Na entrada no ángulo da cornixa e contrafortes hai dúas figuras: [[Pedro, papa|San Pedro]], patrón, coa [[Chave (pechadura)|chave]] na man dereita, e a [[Virxe María|Virxe]]. Baixo os contrafortes unha [[Lobo|loba]] dá de mamar os seus lobetos e un lobo devora un cordeiro. No segundo corpo da fachada ábrense dúas [[ventá]]s superpostas; a inferior, entre a portada e o [[rosetón]], é de arco de medio punto axadrezado, e a superior é un simple portelo sobre a cornixa. O rosetón está decorado con motivos florais da corrente santiaguesa. A portada sur, ademais de dúas ventás de arco de medio punto con [[Capitel|capiteis]], mostra dous [[león]]s que apoian as súas patas dianteiras sobre un cordonciño dun canastiño, baixo o arco de descarga. A [[ábsida]], dividida por altas [[Columna (arquitectura)|columna]]s, con tres ventás e canzorros na cornixa, está cuberto por dous [[teito]]s de elementos desiguais que alteran as súas medidas en altura e anchura. A nave comunícase mediante un arco dobremente partido coa ábsida, na que se observan columnas truncadas baixo unha bovediña.
 
==Galería de imaxes==