Sistema de determinación do sexo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 20:
|journal=Microbiology and Molecular Biology|date=September 2003|pages=343–359|volume=67|issue=3|doi=10.1128/​MMBR.67.3.343-359.2003 }}</ref> Como a mosca da froita e outras especies utilizan o número de cromosomas X para determinar o sexo, non son viables cun cromosoma X extra. Nas especies que teñen o xene SRY poden darse individuos [[XXY]] que poden vivir. <ref name=Hake>{{cite journal|last=Hake|first=Laura|title=Genetic Mechanisms of Sex Determination|journal=Nature Education|year=2008|volume=1|issue=1|url=http://www.nature.com/scitable/topicpage/genetic-mechanisms-of-sex-determination-314|accessdate=8 December 2011}}</ref> O sexo nos seres humanos está determinado por ter o xene SRY ou non. Unha vez que se activa o SRY, as células producen a [[hormona]] [[testosterona]] e a [[hormona antimülleriana]] para facer que os órganos sexuais indiferenciados se convertan en [[testículo]]s e nun aparato reprodutor masculino. <ref name=Hake/> Nas femias, as células producen [[estróxeno]], facendo que o corpo se desenvolva seguindo a vía feminina. Non todos os organismos permanecen na fase inicial [[embrión|embrionaria]] indiferenciados sexualmente; por exemplo, as moscas da froita están determinadas sexualmente xa desde a fertilización do ovo. <ref name=Hake/>
 
Na determinación sexual centrada no cromosoma Y, o xene SRY non é o único xene que inflúe no sexo. O xene SRY parece ser o principal para determinar a masculinidade, pero tamén se require a acción de moitos outros xenes para que se desenvolvan os testículos. Nos ratos XY, a falta do xene [[DAX1]] no cromosoma X orixina esterilidade, pero nos humanos causa [[hipoplasia adrenal conxénita]]. <ref name=Goodfellow>{{cite journal|author=Goodfellow, P.N.|title=DAX-1, an ‘antitestis’gene|journal=Cellular and Molecular Life Sciences|year=1999|pages=857–863|volume=55|doi=10.1007/PL00013201|pmid=10412368}}</ref> Porén, cando se sitúa no cromosoma X un xene DAX1 extra, o resultado obtido é unha femia, a pesar de que o xene SRY está presente. <ref name=Chandra>{{cite journal|author=Chandra, H.S.|title=Another way of looking at the enigma of sex determination in Ellobius lutescens|journal=Current Science|date=1999-04-25|page=1072|volume=76|issue=8}}</ref> Ademais, mesmo cando hai cromosomas sexuais normais nas femias XX, a duplicación ou expresión do xene [[SOX9]] causa que se desenvolvan testículos. <ref name=Cox>{{cite journal|author=Cox, James J.|title=A SOX9 Duplication and Familial 46,XX Developmental Testicular Disorder|journal=New England Journal of Medicine|date=2011-01-06|pages=91–93|volume=364}}</ref><ref name=Huang>{{cite journal|author=Huang, Bing|title=Autosomal XX sex reversal caused by duplication of SOX9|journal=American Journal of Medical Genetics|date=1999-12-07|pages=349–353|volume=87|issue=4}}</ref> Pode ocorrer unha reversión sexual gradual en ratos xa desenvolvidos cando se elimina o xene [[FOXL2]] nas femias. <ref name=Uhlenhaut>{{cite journal|author=Uhlenhaut, Henriette N.|title=Somatic Sex Reprogramming of Adult Ovaries to Testes by FOXL2 Ablation|journal=Cell|date=2009-12-11|pages=1130–1142|volume=139|doi= 10.1016/j.cell.2009.11.02}}</ref> Aínda que o xene DMRT1 é o que usan as aves como locus sexual, as especies con determinación sexual XY tamén dependen do xene DMRT1 (situado no [[cromosoma 9]] humano]]) para a súa diferenciación sexual en determinado momento da súa formación.<ref name=Hake/>
 
O sistema XX/XY tamén se encontra na maioría dos outros mamíferos, e nalgúns [[insecto]]s. Algúns peixes teñen tamén variantes deste sistema, xunto co sistema normal. Por exemplo, o peixe ''[[Xiphophorus variatus]]'' aínda que utiliza o sistema XY normal ten tamén un segundo cromosoma Y, denominado Y', que dá lugar a femias XY' e machos YY'. <ref name=Schartl>{{cite journal| author = Schartl, Manfred| title = A comparative view on sex determination in medaka| journal = Mechanisms of Development| volume = 121|issue=7-8| pages = 639–645| date = July 2004| url = http://www.sciencedirect.com/science/article/pii/S0925477304000371| accessdate = 2011-12-06| doi=10.1016/j.mod.2004.03.001}}</ref>