Diferenzas entre revisións de «A Chousa Nova»

sen resumo de edición
(galería de fotos)
==A escavación==
Ao retirar as pedras da coiraza atopáronse variedades cromáticas con terras de diferentes cores. As terras foran dispostas de xeito intencionado como tentando xuntar a súa obra ca natureza. O túmulo ten dúas fases de construción: A edificación do propio monumento (ca capa á vista) e a outra foi a ampliación do perímetro do monumento e soterrado de todo o monumento.
A cámara está formada por cinco lousas graníticas. A capa da cámara era unha grande lousa con grande cantidade de [[mica]] e moi brilante e de case2.950 tres toneladaskg de peso.<ref>[http://www.turismosilleda.es/historia_prehis.php# Turismo de Silleda, a Mámoa de Chousa Nova]</ref> Estaba crebada en tres anacos, un deles achado na mesma posición de cando romperan e os outros dous dentro da cámara.
No interior do monumento atopáronse os obxectos do enxoval de vai seis mil anos. Un colar con 35 contas algunhas de [[ámbar]] posiblemente dunha veta de [[Zamora]], semellando estar sobre un peito humano. É o segundo colar atopado ''in situ'' na Europa. Unha eixada posta próxima á cabeza, preto da man un cincel e un gastado afiador baixo os pes. A eixada e o cincel estaban novos, son interpretados como un símbolo de luxo e posición social.
 
944

edicións