Diferenzas entre revisións de «Biela»

m
Motor de combustión
m (Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|))
m (Motor de combustión)
[[Ficheiro:Kolben-Pleuel.jpg|miniatura|dereita|150px|En destaque, unha biela de un [[Motor de combustión|motor]] de [[automóbil]] ligada ao [[pistón do motor|émbolo]].]]
 
Unha '''biela''' é toda a peza dunha máquina que serve para transmitir ou transformar o movemento rectilíneo alternativo en circular continuo. Un exemplo de biela no interior dun [[Motor de combustión|motor]] de [[automóbil]] é a peza que liga o [[émbolo]] (pistón) á [[cambota]].
 
A cabeza (a parte máis larga) é apertada á cambota por medio de parafusos e a extremidade oposta é trancada pola cavilla do émbolo, no interior da súa ''saia''. Mentres esta extremidade se despraza para cima e para baixo (solidaria co movemento do pistón), a cabeza describe un movemento circular. Non ten, por tanto, calquera mecanismo de atenuación do movemento do pistón no momento da explosión ou combustión, polo que o movemento brusco sería transmitido directamente da [[cambota]] para o eixe con esta, á súa vez, sufrindo as consecuencias da explosión - vibracións. Esta función é asegurada polos moentes de apoio da cambota e polo [[volante do motor]].
102.418

edicións